Vidas e doutrinas dos filósofos máis ilustres (en ; en galego, Sobre as vidas, as doutrinas e as sentenzas dos máis ilustres na filosofía) é un tratado de biografías de filósofos escrito por Dióxenes Laercio no século III.
Características
A obra presenta unha descrición da vida dos filósofos máis importantes e das súas frases máis memorábeis. Está dividido en dez libros, cada un dedicado a unha escola: o primeiro, aos Sete Sabios de Grecia; o segundo, a Sócrates, os seus antecesores e os seus contemporáneos; a terceira, integramente a Platón; o cuarto, aos académicos; o quinto, a Aristóteles e os peripatéticos; o sexto, aos cínicos; o sétimo, aos estoicos; o oitavo, aos pitagóricos; o noveno, aos eleáticos, aos atomistas e aos pirronistas e o décimo, integramente a Epicuro.
A finais do século XV foi traducida ao latín polo humanista italiano Ambrosius Traversarius.
Michel de Montaigne dixo que lamentaba que non existisen unha ducia de Laercios no canto dun sóMontaigne, Ensaios, II 10..
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Obras biográficas Categoría:Obras literarias en grego Categoría:Obras literarias do século III