O pudin máxico (título orixinal en ) é un filme australiano de animación de 2000 dirixido por Karl Zwicky. É unha adaptación solta baseada no libro homónimo de 1918 do autor Norman Lindsay. O elenco de voces está composto por Sam Neill, Geoffrey Rush, Hugo Weaving, Jack Thompson, Toni Collette e John Cleese. O filme foi producido por Energee Entertainment, un estudio australiano que tamén produciu a serie de televisión Wicked!. Energee pechou en 2002 por mor das perdas financeiras de O pudin máxico.

Sinopse Bunyip Bluegum, un koala noviño que sempre pensara que era orfo, descobre que pode que os seus pais estean vivos, polo que comeza unha viaxe para atopalos. Na súa viaxe coñece a Bill Barnacle, un mariñeiro en terra; a Sam Sawnoff, un pingüín amestrado; e a Albert, un pudding que se rexenera constantemente e ao que lle encanta ser comido.

Dobraxe

Data: 2002 Dirección: Xerardo Couto Actores da dobraxe:

PersonaxeActor/actriz orixinalActor/actriz de dobraxeAlbert, o pudin máxicoJohn CleeseLuis IglesaBunyipGeoffrey RushNacho CastañoBillHugo WeavingPaco BarreiroSamSam NeillIñaki BaliñoBuncleJack ThompsonMiguel López VarelaGingerMary CoustasChelo DíazWatkinGreg CarrollCarlos CousoPatrickDave GibsonMatías BreaO tío WattleberryTuto VázquezRumpus BumpusJohn LawsMiguel Pernas

Estrea A película estreouse por primeira vez en Australia o 14 de decembro de 2000 e foi estreada nos cines pola filial local da 20th Century Fox. En España a película estreouse nos cines o 28 de xuño de 2002 baixo a distribución de Filmax, e foi dobrada a catro linguas. Estas catro dobraxes tamén se distribuíron en DVD nos anos 2000.

Produción A familia Lindsay rexeitara previamente moitas solicitudes internacionais para vender os dereitos de "O pudin máxico", preferindo esperar a que unha empresa australiana presentase a fórmula adecuada para a adaptación. Os aspirantes anteriores foron Rolf Harris, Jim Henson Productions e ata o propio Walt Disney. Finalmente, en 1997, os Lindsay venderon os dereitos cinematográficos a Energee Entertainment, unha das empresas de animación independentes daquela líderes do país.

Recepción A película foi lanzada con críticas mixtas e a maioría dos críticos percibírona como un intento errado de facer xustiza ao traballo de Lindsay.

Críticos australianos, como Louise Keller, Andrew L. Urban e David Edwards, deron críticas positivas á película.

Despois fracaso de recadación, Energee entrou en dificultades financeiras. Foi posto en administración o 28 de xuño de 2002 e pechou definitivamente non moito tempo despois.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Filmes de 2000 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Australia Categoría:Filmes dirixidos por Karl Zwicky Categoría:Filmes de animación Categoría:Filmes ambientados na Antártida Categoría:Filmes ambientados en Australia Categoría:Filmes ambientados en 1957 Categoría:Filmes ambientados en 1967 Categoría:Filmes sobre cobras Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de Icon Productions Categoría:Filmes de 2000 con versión en galego