miniatura|250px|Logo da franquía.
The Elder Scrolls é unha serie de videoxogos de rol e acción desenvolvidos por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. A serie céntrase en videoxogos non lineais nun mundo aberto. A maioría dos xogos da serie tiveron un éxito da crítica e comercial, sendo The Elder Scrolls III: Morrowind (2002), The Elder Scrolls IV: Oblivion (2006) e The Elder Scrolls V: Skyrim (2011) todos eles gañadores de premios como Xogo do Ano. A serie vendeu máis de 59 millóns de copias en todo o mundo.
Dentro do universo ficticio da serie, cada xogo ten lugar no continente de Tamriel. O escenario combina elementos do mundo real premedievais, como un poderoso Imperio parecido ao Romano, con temas medievais de fantasía épica, incluíndo tecnoloxía limitada, uso xeneralizado da maxia e a existencia de moitas criaturas mitolóxicas. O continente está dividido en varias provincias habitadas por humanos e razas humanoides como elfos, orcos e animais antropomorfos. Un tema común nos xogos é que un heroe elixido (representado polo personaxe do xogador) érguese para derrotar unha ameaza inminente, normalmente un ser malévolo ou un exército antagónico.
Dende o lanzamento de The Elder Scrolls: Arena en 1994, a serie produciu un total de cinco xogos principais (dos cales os tres últimos tiveron dous ou tres packs de expansión cada un) así como varios spin-offs.The evolution of The Elder Scrolls. . PC Gamer. En 2014, lanzouse The Elder Scrolls Online, un xogo de rol en liña multixogador masivo creado pola filial ZeniMax afiliada a Bethesda, ZeniMax Online Studios.
Notas
Referencias
Categoría:Videoxogos de mundo aberto Categoría:Videoxogos de rol de acción