O billete de 5.000 dólares estadounidenses foi un billete con ese valor facial emitido nos Estados Unidos entre 1861 e 1945.

A partir de 1969 os bancos estiveron obrigados a enviar ao Departamento do Tesouro todos os billetes que posuísen, para proceder á súa destrución.

Historia O billete de cinco mil dólares dos Estados Unidos imprimiuse en diferentes series datadas entre 1861 e 1945. Con todo, a Oficina de Gravado e Impresión seguiu a emitir os billetes ata 1969. Do mesmo xeito que outros billetes de valores faciais altos, non tiveron unha circulación ampla entre a poboación, dado que a súa creación tivo como propósito pirncipalmente facilitar as transaccións entre bancos.

O 14 de xullo de 1969, o Departamento do Tesouro dos Estados Unidos anunciou que todos os billetes de valores nominais superiores a 100 dólares deixarían de emitirse,"Historical Currency". Bureau of Engraving & Printing (BEP.gov). e a partir desa data os bancos ficaron obrigados a enviar calquera billete de 5.000 dólares ao Departamento do Tesouro para a súa destrución."Federal Reserve Notes". Board of Governors of the Federal Reserve System (Federalreserve.gov).miniatura|Billete de 5.000 dólares da Colección Numismática Nacional dos EEUU (Museo Nacional de Historia Americana). Coleccionismo Algúns exemplares do billete de 5.000 dólares acadaron un alto valor no mercado do coleccionismo. En 2024, un espécime certificado acadou nunha poxa numismática o prezo de 144.000 dólares."$5,000 Federal Reserve Note Realizes $144,000 in Auction". En Numismatic News. 23 de abril de 2024. En 2023, un exemplar do billete de 5.000 dólares da Reserva Federal vendeuse na compañía de poxas Heritage Auctions por 300.000 dólares."High denomination notes reaching higher prices in auctions". En Coin World. 2 de outubro de 2023.

Galería

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Krause, C. L.; Lemke, R. F. (2002). Standard Catalog of United States Paper Money. Krause Publications. ISBN 0-8734-9490-3 Friedberg, A. L.; Friedberg Krause, I. S. (2006). Paper Money of the United States: a complete illustrated guide with valuations. Coin & Currency. ISBN 9780871845184

Outros artigos

Dólar estadounidense Billetes do dólar estadounidense Billete de 500 dólares estadounidenses Billete de 1.000 dólares estadounidenses Billete de 10.000 dólares estadounidenses Billete de 100.000 dólares estadounidenses

Categoría:Billetes do dólar estadounidense