Simon Harris, nado en Dublín o 17 de outubro de 1986, é un político irlandés que exerce como 16º Taoiseach desde 2024. Tamén é o líder do Fine Gael desde 2024. Con 37 anos, é a persoa máis nova en converterse en Primeiro ministro de Irlanda.

Antes de converterse en Taoiseach, foi ministro do Goberno de Irlanda de 2016 até 2024. Foi Ministro de Educación Superior e Superior, Investigación, Innovación e Ciencia desde 2020 até a súa elección como líder de Fine Gael.

É Teachta Dála (TD) pola circunscrición de Wicklow desde 2011. Harris foi ministro de Estado de 2014 a 2016.

Traxectoria

Primeiros anos Harris naceu en Greystones, condado de Wicklow, en 1986, fillo de Bart e Mary Harris.

Harris estudou na escola secundaria St. David's Holy Faith, en Greystones. Involucrouse por primeira vez na política local cando tiña quince anos cando creou a North Wicklow Triple A Alliance para axudar ás familias de nenos con trastornos do espectro autista e trastorno por déficit de atención.

Harris foi membro do partido Fianna Fáil mais logo uniuse ao Fine Gael.

Estudou Xornalismo e Francés no Instituto Tecnolóxico de Dublín, pero abandonou no primeiro ano.

Carreira política Harris foi elixido membro do Dáil Éireann en 2011, ocupando o terceiro escano na circunscrición de Wicklow. Como o deputado máis novo do 31 Dáil Éireann, foi seleccionado por Fine Gael para nomear a Enda Kenny para Taoiseach.

Harris presentouse sen éxito como candidato de Fine Gael na circunscrición electoral do Sur nas eleccións ao Parlamento Europeo de 2014.

Harris foi promovido ao cargo de Ministro de Estado no Departamento de Finanzas en 2014. En maio de 2016, Harris foi nomeado ministro de Sanidade.

Na formación do goberno de coalición en xuño de 2020, Harris foi nomeado ministro de Educación Superior, Investigación, Innovación e Ciencia. De 2022 a 2023 foi ministro de Xustiza.

Líder do Fine Gael En marzo de 2024, Leo Varadkar dimitiu como líder do Fine Gael, o que provocou unhas eleccións primarias de liderado. Varadkar dixo que tamén dimitiría como Taoiseach após a elección do novo líder do Fine Gael.

Máis da metade do partido parlamentario Fine Gael anunciara o seu apoio a Harris para ser o próximo líder e todos os demais ministros do gabinete excluíronse do concurso. Harris confirmou o seu plan de presentarse como líder o 21 de marzo de 2024. Como único candidato, foi confirmado como líder na reunión do partido en Athlone o mesmo día.

Taoiseach Harris converteuse no 16º Taoiseach o 9 de abril de 2024. Recibiu o seu nomeamento como Taoiseach polo presidente de Irlanda, Michael D. Higgins, pouco despois como o máis novo da historia do Estado.

Unha das primeiras decisións do seu goberno foi o recoñecemento dun estado palestino o 28 de maio de 2024. En outubro do mesmo ano, Simon Harris anunciou que a República de Irlanda non esperaría á resolución da Unión Europea para cesar a venda de produtos a Israel debido ás preocupacións pola falta de respecto aos Dereitos Humanos.

Vida persoal En 2017 casou con Caoimhe Wade, unha enfermeira. Teñen unha filla e un fillo. Harris ten a enfermidade de Crohn, pero dixo que ten pouco impacto no seu día a día.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Simon Harris's page on the Fine Gael website

Categoría:Taoisigh Categoría:Teachtaí Dála Categoría:Activistas de Irlanda Categoría:Nados en 1986 Categoría:Nados en Dublín Categoría:Políticos de Irlanda