Suzanne Carnahan, nada en Spokane o 3 e xullo de 1921 e finada en Visalia o 23 de outubro de 1952, foi unha actriz estadounidense coñecida como Susan Peters, que apareceu en máis de vinte filmes ao longo da súa carreira. Aínda que esta comezou en papeis sen acreditar e interpretando mozas inxenuas, a mediados da década de 1940 estableceuse como actriz dramática.
Traxectoria Peters naceu en Spokane, Washington, mais foi criada pola súa nai, viúva despois da morte do pai nun accidente de tráfico, en Portland, Oregón, e máis tarde nos Ánxeles. Ao graduarse na Hollywood High School, estudou interpretación co director de teatro austríaco Max Reinhardt e asinou un contrato coa Warner Bros. Pictures. Apareceu como figurante en numerosos filmes antes de conseguir un papel secundario en O camiño de Santa Fe (1940). O seu último filme para Warner Bros. foi o filme negro de 1942 The Big Shot xunto a Humphrey Bogart e Richard Travis; despois da estrea, Warner optou por non renovar o seu contrato.
En 1942, Peters apareceu nun papel secundario en Tish, o que provocou que asinase un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer. Ese mesmo ano, tivo un papel destacado no drama Random Harvest dirixido por Mervyn LeRoy, o que lle valeu unha candidatura ao Óscar á mellor actriz secundaria e a consolidou como unha intérprete dramática seria. Peters chegou a aparecer como protagonista en numerosos filmes para MGM, incluíndo papeis na comedia romántica Young Ideas (1943) e varios filmes bélicos: Assignment in Brittany (1943), Song of Russia (1944) e Keep Your Powder Dry (1945).
O día de aninovo de 1945, Peters recibiu unha ferida de bala accidental que danou a súa medula espiñal, deixándoa permanentemente parapléxica. Volveu ao cinema interpretando unha malvada que empregaba unha cadeira de rodas en The Sign of the Ram (1948). Despois, Peters pasou ao teatro, aparecendo como Laura Wingfield nunha aclamada produción de 1949 de The Glass Menagerie de Tennessee Williams, que foi lixeiramente modificada para permitir que Peters actuase nunha cadeira de rodas. Continuou a traballar cunha produción de The Barretts of Wimpole Street, en que interpretou a poeta con discapacidade física Elizabeth Barrett Browning.
En 1952, con todo, Peters sufriu depresión clínica durante varios anos debido á disolución do seu matrimonio e ás súas limitadas opcións de carreira. A finais de 1952, comezou a deixar de comer, o que combinado coa súa parálise provocou infeccións renais crónicas e pneumonía. Ela morreu pola complicación da súa saúde ese ano aos 31 anos.
Filmografía Ano Título Personaxe Notas 1940 Susan and God Party Guest Sen acreditar 1940 River's End Sen acreditar 1940 Sockaroo College Coed Como Suzanne Carnahan 1940 The Man Who Talked Too Much Bit role Sen acreditar 1940 Young America Flies One of Jack's girlfriends Sen acreditar 1940 Money and the Woman Depositor Sen acreditar 1940 O camiño de Santa Fe Charlotte Davis Como Suzanne Carnahan 1941 The Strawberry Blonde Girl Sen acreditar 1941 Here Comes Happiness Miss Brown Sen acreditar 1941 Xoán Ninguén Autograph Hound Sen acreditar 1941 Scattergood Pulls the Strings Ruth Savage 1941 Three Sons o' Guns Mary Tyler 1942 A New Romance of Celluloid: Personalities Herself Curtametraxe propocional de MGM 1942 The Big Shot Ruth Carter 1942 Tish Cora Edwards Bowzer 1942 Dr. Gillespie's New Assistant Mrs. Howard Allwinn Young 1942 Random Harvest Kitty 1942 Andy Hardy's Double Life Sue, Wainwright Coed on Train 1943 Assignment in Brittany Anne Pinot 1943 Young Ideas Susan Evans 1944 Song of Russia Nadya Stepanova 1945 Keep Your Powder Dry Ann "Annie" Darrison 1945 The Outward Room Proxecto inacabado 1948 The Sign of the Ram Leah St. Aubyn 1951 Miss Susan Susan Martin Serie de televisión, retitulada Martinsville, U.S.A.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
Susan Peters en WorldCat
Categoría:Nados en Washington Categoría:Nados en 1921 Categoría:Finados en 1952 Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de teatro dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Washington Categoría:Paseo da Fama de Hollywood Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa