A Semana de Cine de Melilla é un certame cinematográfico. Celébrase anualmente a principios do mes de maio, en Melilla, España. A súa primeira edición arrincou o 6 de maio de 2008. En cada edición proxéctanse máis de 20 títulos nacionais e internacionais.
Historia A primeira edición en 2008 foi impulsada pola Cidade Autónoma de Melilla.
Organización O orzamento da Semana de Cine finánciase grazas aos ingresos por patrocinios e ás subvencións que, a partes iguais, outórganlle o Concello de Melilla e o Ministerio de Cultura.
Premios miniatura|260x260px|José Sacristán, Premio José Sacristán en 2017 miniatura|260x260px|Juan Echanove, Premio José Sacristán en 2024
Premios oficiais Os premios oficiais concédense só a películas presentadas na Sección Oficial do festival. O encargado de outorgalos é o Xurado oficial do Festival, composto de destacadas figuras do mundo do cine.
Premio José Sacristán
Premio Cidade de Melilla
Sedes miniatura|333x333px|Fachada do Teatro Kursaal-Fernando Arrabal miniatura|250x250px|Vista do Teatro-Cine Perelló O Festival desenvólvese en distintos puntos de Melilla. As oficinas da organización están situadas no Teatro Kursaal, e están abertas todo o ano: os responsables do Festival dedícanse os doce meses do ano á organización da seguinte edición. As proxeccións teñen lugar en distintos escenarios:
Teatro Kursaal No teatro proxéctanse as películas da Sección Oficial e celébranse as galas de inauguración, clausura e entrega de premios.
Teatro-Cine Perelló O máis antigo teatro da cidade, acolle certas proxeccións do Festival.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Melilla
Categoría:Melilla Categoría:Festivais de cinema de España