Eksperimentet é un filme dinamarqués de 2010 escrito e dirixido por Louise Friedberg, e protagonizado por Ellen Hillingsø. Estreouse o 28 de agosto de 2010 no Centro Cultural Katuaq de Nuuk, a capital de Groenlandia. En Dinamarca estreouse o 9 de setembro de 2010.

Contexto O filme trata do experimento dos pequenos dinamarqueses, experimento social da década de 1950 e o problema do xenocidio cultural en Groenlandia. En 1951 as autoridades coloniais dinamarquesas sacaron das súas casas 22 nenos inuit groenlandeses (9 nenas e 13 nenos), con dubidoso consentimento dos seus pais ou titores, trasladándoos a Dinamarca para a súa adopción e reeducación. Os nenos seleccionados, con idades comprendidas entre os 6 e os 8 anos, procedían de familias desfavorecidas; o goberno quería a súa adopción para integralos na sociedade dinamarquesa "moderna" co obxectivo de transformar os nenos en "pequenos dinamarqueses".

Os nenos sobreviventes perderon a súa lingua nativa e a súa cultura, e sufriron o trauma psicolóxico de ser separados das súas familias a maior parte da súa vida. Algúns dos nenos foron devoltos a Groenlandia despois dun ano, onde foron levados a un orfanato en Nuuk, no canto de ser devoltos ás súas familias. Outros quedaron en Dinamarca o resto das súas vidas. Máis da metade morreron sendo adultos mozos.

Personaxes O elenco está composto por actores groenlandeses e dinamarqueses:

Actor Papel Ellen Hillingsø enfermeira Gert Nukâka Coster-Waldau Margrethe Morten Grunwald Omann Laura Skaarup Jensen Karen Kurt Ravn Svendsen Laura Bro Høgh Mads Ville Dr. Brandt Finn Nielsen Møller Domilia Marianne Singertat Marie Paniaraq R. Søltoft Ingrid Najaaraq Margit Davidsen Dorthe Kristian Falck-Petersen Daniel

Notas

Categoría:Filmes de 2010 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes en lingua groenlandesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Nimbus Film Categoría:Filmes baseados en feitos reais Categoría:Filmes rodados en Groenlandia Categoría:Filmes ambientados en Groenlandia Categoría:Desprazamento de nenos indíxenas