The Transporter, en inglés; Le Transporteur, en francés, é unha película franco-estadounidense dirixida por Louis Leterrier e Corey Yuen. O seu guionista, Luc Besson, inspirouse na serie de curtos de BMW "The Hire" para crear esta película. Estreouse en Francia o 2 de outubro de 2002 e o 11 de outubro do mesmo ano nos Estados Unidos. Os protagonistas son Jason Statham como Frank Martin e Shu Qi como Lai Kwai. Esta é a primeira película da serie, á que seguiron Transporter 2 e Transporter 3.

Sinopse Un ex-membro dun corpo especial do exército, Frank Martin, presta os seus servizos de condutor experto a calquera que lle pague ben. En principio el non se implica nos asuntos en que colabora. De feito, este principio non entra dentro das regras cando o paquete que transporta empeza a queixarse e el descobre que está transportando unha muller chinesa. Após abrir o paquete, unha excepción nos seus principios, convértese no albo dunha cuadrilla de gánsteres, á vez que ten que escapar da policía.

Elenco Jason Statham como Frank Martin. Shu Qi como Lai. François Berléand como o inspector Tarconi. Matt Schulze como Darren "Wall Street" Bettencourt. Didier Saint Melin como Boss. Doug Rand como Leader. Ric Young como Mr. Kwai.

Produción Luc Besson inspirouse na serie de filmes de BMW The Hire para crear o guión de The Transporter.Curiosidades de Transporter (5) Abandomoviez. Ao facela el, fíxoa expresamente para Jason Statham, porque estivo impresionado coa súa actuación na película de ciencia ficción The One (2001).Hy Quan Quach (5 de xullo de 2022) „Transporter“-Neuanfang am Mittwoch im TV: Darum verließ Jason Statham die Action-Reihe. kino.de .

Durante a rodaxe Jason Statham fixo a maioría das súas escenas de risco sen utilizar dobres.Transporter. Sensacine.

Coches Cabe destacar que, nesta obra cinematográfica, o personaxe de Jason Statham, Frank Martin, especificamente identifica o seu coche como un "BMW 735i negro de 1999". Porén, no comentario do DVD, Jason Statham indica que o coche era un Serie 7 750iL V12 de 1999 con caixa de cambios manual. Durante a historia o personaxe interpretado por Statham roubou máis tarde un Mercedes-Benz W140 SEL 600 V12 AMG (408 hp, 300KW) a Bettencourt como unha compensación pola destrución do seu BMW.

Notas

Categoría:Filmes de 2002 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes dirixidos por Corey Yuen Categoría:Filmes dirixidos por Louis Leterrier Categoría:Filmes producidos por Luc Besson Categoría:Filmes de acción Categoría:Filmes de EuropaCorp Categoría:Filmes ambientados en Francia Categoría:Filmes sobre secuestros Categoría:Filmes sobre automóbiles