Os fasmidios son sensilas que se encontran na rexión lateral da cola de certas especies de vermes nematodos. Son similares na súa estrutura ás sensilas de anfidios, pero máis pequenas. Un sistema de clasificación dos nematodos sitúa aos nematodos que teñen fasmidios na clase Secernentea e os nematodos sen plásmidos na clase Adenophorea. Recentemente viuse que as neuronas destes fasmidios funcionan na modulación do comportamento de quimiorrepulsión en Caenorhabditis elegans. En C. elegans, o plásmido da dereita contén dúas neuronas sensoriais, mentres que o da esquerda contén tres, protexidos por unha vaíña e células de encaixe (socket cells). Os cilios das dendritas das neuronas PHA e PHB proxéctanse a través das aberturas dos fasmidios, mentres que o proceso neuronal PQR presente no lado esquerdo está envolto por unha célula de encaixe.
Notas
Categoría:Nematodos