Ricardo Rodríguez Gil-Carcedo máis coñecido como Riki, nado en Oviedo o 25 de setembro de 1997, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División.

Traxectoria Formado nas canteiras do Real Oviedo e do Astur CF, debutou co Oviedo-Vetusta na Tercera División durante a tempada 2015/16. Posteriormente foi cedido ao Tineo e ao Marino de Luanco, xogando máis de 60 partidos en Terceira, e disputou co Marino unha promoción de ascenso á Segunda División B. Na campaña 2018/19 xogou no Langreo, da Segunda División B.

En 2019 regresou ao filial do Oviedo, desta vez na Segunda B. O 18 de agosto debutou co primeiro equipo na Segunda División, substituíndo a Alfredo Ortuño nunha derrota por 3-2 ante o Deportivo da Coruña en Riazor. Foi definitivamente ascendido ao equipo principal para a campaña 2020/21, pero en xaneiro de 2021 saíu cedido ao Racing de Santander, co que marcou 4 goles en 12 partidos. Na seguinte tempada foi cedido de novo, primeiro ao Burgos CF e logo ao Albacete.

Na súa primeira media campaña en Albacete xogou 21 partidos ás ordes do galego Rubén de la Barrera, 18 deles como titular, e disputou a promoción de ascenso á Segunda División. Foi titular nas semifinais contra o Rayo Majadahonda e na final contra o Deportivo da Coruña en Riazor, conseguindo o ascenso na prórroga. A continuación asinou un contrato permanente co Albacete. Titular indiscutible durante as seguintes campañas, disputou unha promoción de ascenso á Primeira División e foi elixido capitán do equipo no verán de 2024, trala marcha de Bernabé Barragán. Militou catro anos no club de Castela-A Mancha, sumando un total de 156 partidos oficiais e 2 goles.

O 2 de febreiro de 2026 anunciouse o seu traspaso ao Deportivo da Coruña, que levaba anos tentando incorporalo. Na súa primeira media tempada no club galego tivo un rendemento irregular que non lle permitiu asentarse en ningunha posición do centro do campo. Disputou 15 partidos, 9 deles como titular, e pechou a campaña co ascenso á Primeira División.

Estatísticas ClubTempadaDivisiónLigaCopa do ReiOutrosInclúe partidos de promoción de ascenso a Segunda División e a Segunda División B e Copa Federación.TotalPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesPartidosGolesOviedo-Vetusta2015/16Terceira10 - - - -10Tineo2016/17Terceira352 - - - -352Marino de Luanco2017/18Terceira312 - -80392Langreo2018/19Segunda B3221020352Oviedo-Vetusta2019/20Segunda B172 - - - -172Oviedo2019/20Segunda5010 - -602020/21Segunda5020 - -70Total club1003000130Racing de Santander2020/21Segunda B12400 - -124Burgos2021/22Segunda15021 - -171Albacete2021/221ª RFEF 19 0 0020 2102022/23Segunda 37 1 102 0 4012023/24Segunda39010 - -4002024/25Segunda36110 - -3712025/26Segunda16020 - -180Total club147250401562Deportivo da Coruña2025/26Segunda15000 - -150Total carreira 315 14 11114 0 34015

Notas

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Real Oviedo B Categoría:Xogadores do Marino de Luanco Categoría:Xogadores do UP Langreo Categoría:Xogadores do Real Oviedo Categoría:Xogadores do Racing de Santander Categoría:Xogadores do Burgos CF Categoría:Xogadores do Albacete Balompié Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña