A ábsida central de Santa María de Melide é unha pintura mural renacentista do século XVI que pertence ao conxunto da igrexa de Santa María de Melide.

A súa iconografía é unha teofanía coa Santa Trindade: o "pai" aparece co "fillo" crucificado e enriba del a pomba do Espírito Santo. As representacións dos tetramorfos aparecen nas catro esquinas. Nun friso inferior temos seis apóstolos cos seus nomes e atributos. Na parte superior da bóveda de canón aparecen catro anxos con inscricións.

Galería

Notas

Categoría:Pintura de Galicia Categoría:Pintura do Renacemento