O Museo de Melilla é un museo da cidade española de Melilla situado no antigo Almacén das Peñuelas, no Primeiro Recinto Fortificado de Melilla La Vieja. Historia A principios do século  Rafael Fernández de Castro comezou a recompilar as pezas e o material resultante das escavacións do Cerro de San Lorenzo na Casa Salama, sede da Xunta de Arbitrios, aínda que non foi considerado oficialmente un museo, pois non houbo catalogación nin exposición ao público.

Anos máis tarde aparece o Museo Municipal no soto do fornelo de música do Parque Hernández que se abre ó público. Mais non era un espazo moi axeitado e, nos anos 50, foi trasladado ao Baluarte da Concepción Alta, creándose un museo histórico con dúas seccións, Arqueoloxía e Documentación e, a maiores, fondos militares e emblemas heráldicos.

Alí permaneceu até 1987, cando se muda á Torre da Vela e de alí, aos Almacéns das Peñuelas, onde permaneceu dende 2011, creando o 11 de setembro de 2018 unha sección dedicada ao pobo xitano.

Seccións

Museo Etnográfico das Culturas Sefardí, Berber e Xitana Atópase na planta baixa, destacando a recreación da Sinagoga Or Zaruah e a colección de xoias bérberes Museo de Arqueoloxía e Historia Atópase na planta superior, contando con cerámicas do Zafrín, moedas cartaxinesas, a recreación dun enterramento mauro, un tesouro musulmán, unha maqueta xigante da Melilla A Vella, copia da de León Gil de Palacios, bustos de Alfonso XIII e a República, así como multitude de planos.Lechado Granados, Melero Pascual, Cabanillas Gutierréz, Amar Salat, Atencia Andreu e Mimón Bouzbib (2015), p. 75.Bravo Nieto (2002), p. 69.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Melilla Categoría:Museos de España