Powers Allen Boothe, nado o 1 de xuño de 1948 e finado o 14 de maio de 2017, foi un actor de cine e televisión estadounidense.

Traxectoria

Primeiros anos Fillo duns granxeiros de Snyder, Texas, recibiu o seu nome polo mellor amigo de seu pai, morto en combate durante a Segunda guerra mundial. Comezou a participar en obras de teatro no instituto, graduouse cun Bachelor of Arts na Southwest Texas State University e recibiu un Master of Fine Arts en interpretación na Southern Methodist University da University Park de Texas.

Carreira Os seus papeis máis coñecidos inclúen a súa interpretación gañadora dun Emmy de Jim Jones en Guyana Tragedy, os seus papeis como detective na serie de televisión Philip Marlowe na década de 1980, Bill Markham o pai de Tommy/Tomme no filme A selva esmeralda de John Boorman (1985), Cy Tolliver en Deadwood, "Curly Bill" Brocious en Tombstone, a lenda de Wyatt Eartp (1993), Gideon Malick no Universo cinematográfico de Marvel, o vicepresidente e presidente Noah Daniels na serie 24, Lamar Wyatt en Nashville e a voz de Gorilla Grodd no Universo Animado de DC.

Pasamento Boothe morreu no seu sono na mañá do 14 de maio de 2017 por unha parada cardiopulmonar causada por un cancro de páncreas nos Ánxeles, California, aos 68 anos.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Biografía en HBO Arquivada (en inglés)

Categoría:Finados por cancro de páncreas Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de televisión dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de Texas Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en 1948