As Covas do Conventico son unhas covas históricas situadas en Melilla a Vella e que teñen o seu acceso desde o Museo de Arte Sacra, na cidade española de Melilla e forma parte do Conxunto Histórico Artístico da Cidade de Melilla, un Ben de Interese Cultural.
Historia Nun principio, grutas naturais escavadas pola auga na Cala de Trápana, foron usadas por fenicios, romanos, árabes para gorecerse metendo os seus barcos na gran cavidade e finalmente polos españois, que escavaron no século XVIII varios niveis sobre as grutas naturais para almacéns de víveres, aínda que o seu uso máis soado foi cando foron usadas para aloxar á poboación no Sitio de Melilla (1774-1775).
En 1925, coa construción do Porto de Melilla a enseada cegouse con area, formándose unha praia. Entre 1993 e 1995 construíuse o arco parabólico e as paredes cara á Cala de Trápana, e máis tarde construíronse bóvedas de ladrillo no terceiro nivel e pavimentáronse as rúas situadas encima destas, Miguel Acosta e Concepción, debido ao risco de derrubamento, facéndose visitables coincidindo co V centenario da ocupación española de Melilla coa instalación de pavimentos de madeira. Entre 1998-2000 apontoouse e reforzou o primeiro nivel, comunicáronse todos os niveis, construíron aseos e unha depuradora debaixo da escaleira que baixa a Trápana.
Descrición Dispón unha xigantesca cavidade aberta, reforzada por un arco parabólico de pedra e ladrillo e tres niveis intercomunicados, de máis baixo a máis alto. O primeiro consta de dúas naves que se cruzan e foi usado como igrexa, o segundo, un conxunto de estancias comunicadas entre si e con xanelas ao exterior, sendo o terceiro parecido ao anterior, pero de estancias máis pequenas e baixas.Lechado Granados, Melero Pascual, Cabanillas Gutiérrez, Amar Salat, Atencia Andreu e Mimón Bouzbib (2015), p. 75Bravo Nieto (2002), p. 69
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas Sitio oficial.
Categoría:Melilla Categoría:Covas de España