Kneecap é un filme irlandés de 2024 escrito e dirixido por Rich Peppiatt. O filme conta a historia do ascenso musical do grupo de hip hop Kneecap, orixinario de Belfast. O filme está protagonizado polos propios membros do grupo, xunto con Josie Walker, Fionnuala Flaherty, Jessica Reynolds, Adam Best, Simone Kirby e Michael Fassbender nos papeis secundarios.
Kneecap estreouse no Festival de Cinema de Sundance o 18 de xaneiro de 2024, sendo o primeiro filme rodado en lingua irlandesa en facelo, e gañou o Premio NEXT Audience. Estreouse en Irlanda na 36ª edición do Galway Film Fleadh, onde gañou o premio ao mellor filme irlandés, o premio da audiencia e mellor filme en lingua irlandesa. Estreouse nos Estados Unidos o 2 de agosto de 2024 a través de Sony Pictures Classics, o 8 de agosto nos cinemas de Irlanda 2024 a través de Wildcard Distribution. Foi escollido como candidato de Irlanda para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios.
Personaxes
Liam Óg "Mo Chara" Ó Hannaidh como el mesmo Naoise "Móglaí Bap" Ó Cairealláin como el mesmo JJ "DJ Próvaí" Ó Dochartaigh como el mesmo Josie Walker como Detective Ellis Fionnuala Flaherty como Caitlin Jessica Reynolds como Georgia Adam Best como Doyle Simone Kirby como Dolores Ó Cairealláin Michael Fassbender como Arlo Ó Cairealláin
Produción Jack Tarling e Trevor Birney producen o filme para Mother Tongues e Fine Point Films respectivamente. Rich Peppiatt escribiu e dirixiu o filme malia non ser falante de lingua irlandesa. Para Peppiatt, marca o seu debut na dirección de longametraxes, xa que dirixiu previamente o videoclip do sinxelo da banda, "Guilty Conscience". Os propios membros da banda aparecen no filme intepretándose a si mesmos, xunto a actores irlandeses experimentados como Michael Fassbender, Josie Walker e Simone Kirby. A fotografía principal realizouse en Belfast en maio de 2023.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Irlanda propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar
Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes en lingua irlandesa Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes de Irlanda Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics Categoría:Filmes rodados en Belfast Categoría:Filmes ambientados en Belfast Categoría:Filmes biográficos Categoría:Filmes musicais Categoría:Filmes sobre drogas