Aleksander Maria Kuźmin, nado en Poznan o 30 de agosto de 1939, é un numismático, heraldista, matemático e informático polaco, que presidiu a Sociedade Numismática Polaca.
Traxectoria
Formación Aleksander Kuźmin naceu en 1939 en Poznan, a capital da rexión da Gran Polonia. Logo da súa graduación en educación secundaria en 1961, ingresou na Escola Superior Pedagóxica de Gdansk, onde acadou o mestrado en Matemáticas."Aleksander Maria Kuźmin". En Biuletyn Numizmatyczny. 2014. Polskie Towarzystwo Numizmatyczne. Nº 1. Páxinas 67-68. ISSN 0006-4017
Carreira como tecnólogo Pouco despois comezou a súa traxectoria profesional na compañía ZETO, de tecnoloxías de computación electrónica ZETO. En 1972-1973 traballou como tecnólogo informático na empresa IMWM, en Gdynia, e nos anos 1974 a 1980 como tecnólogo xefe e logo como subdirector de deseño e programación no centro informático de construción ETOB, en Gdansk.
Logo de dirixir no período 1980-1982 o centro informático Polmo Obaj Gdańsk, nos anos 1983 a 1995 retomou a súa actividade en ZETO como xefe do departamento de medios e, tras a adquisición de ZETO por parte do grupo Prokom, foi o director do seu departamento de formación.
No período 1995-2000 traballou en PZU como xefe do departamento de Tecnoloxías da Información do distrito de Gdansk, e de 2000 a 2004 traballou no centro de formación Combidata.
Numismático e heraldista Paralelamente ao seu labor profesional, Aleksander Kuźmin é tamén un recoñecido numismático e heraldista. En 1978 ingresou na Sociedade Numismática Polaca, a cuxa directiva pertenceu desde 1995, e entre 2001 e 2003 ocupou a presidencia da entidade. Nesta sociedade foi recoñecido con diversos premios e foi nomeado membro honorífico."Polish Numismatic Society". Polskie Towarzystwo Numizmatyczne (PTN.pl).
Kuźmin realizou diversos relatorios en xornadas e exposicións numismáticas internacionais, e é autor de diversos opúsculos e libros sobre numismática. Tamén foi o fundador e editor da publicación periódica Gdańskie Zeszyty Numizmatyczne ("Cadernos Numismáticos de Gdansk") entre 1988 e 2013. Nos anos 2001-2003 foi membro do consello editorial de Biuletynu Numizmatycznego ("Boletín Numismático") e coeditor, xunto con Małgorzata Sokołowska, do segundo volume da Encyklopedii Gdyni ("Enciclopedia de Gdynia").Encyklopedia Gdyni. Tom 2. Goodreads.com Igualmente, Kuźmin foi editor da revista Medalierstwo i Faleristyka ("Medallística e Farelística").
Aleksander Kuźmin é tamén membro da Sociedade Polaca de Xenealoxía e Heráldica, e formou parte da comisión para o cambio da imaxe do escudo da de Rumia, creada polo concello desta cidade polaca en 1994.Bykowska, S. (2014). Historia Rumi w latach 1945–1990. Tom II. ISBN 978-83-7591-378-1 Tamén foi membro do xurado do concurso para a creación do escudo de armas do distrito de Chylonia, en Gdynia, en 1999.
Recoñecementos Ao longo da súa traxectoria, Aleksander Kuźmin foi merecedor dos seguintes recoñecementos:
Premio do Ministerio da Industria da Construción, polo desenvolvemento de novas tecnoloxías de rexistro de datos (1974). Insignia de ouro da Sociedade Numismática Polaca. Medalla ao Mérito da filial de Gdansk da Sociedade Numismática Polaca. Diploma honorífico da Sociedade Numismática Polaca (tres veces). Medalla de ouro prof. Ryszard Kiersnowski. Medalla ao Mérito da Numismática. Insignia de Activista Cultural Meritorio.
Publicacións Aleksander Kuźmin é autor de numerosos artigos e colaboracións numismáticas publicados, entre outros, en revistas como Biuletynu Numizmatycznego, Biuletynu Numizmatycznego, Grosz ou Magazynie numizmatycznym. Tamén publicou diversos traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes.
Escolma de monografías
(1993). Fałszerstwa Monet Wolnego Miasta Gdańska ["Falsificacións de moedas da cidade libre de Gdansk"]. Biuro Heraldyczno-Numizmatyczne, Gdynia. (2003). Organizacja mennic i techniki mennicze w Polsce w XVI i XVII wieku ["Organización de casas de moeda e técnicas de cuñaxe en Polonia nos séculos XVI e XVII"]. Varsovia. "Aleksander M. Kuźmin „ORGANIZACJA MENNIC i TECHNIKI MENNICZE W POLSCE XVI-XVII w.””. Gdynia 2008". Ptngdansk.pl (2006). Katalog żetonów sopockiego kasyna gry ["Catálogo de fichas de xogo de casino de Sopot"]. A-S 34. ISBN 9788391935743 "Aleksander M. Kuźmin „KATALOG ŻETONÓW SOPOCKIEGO KASYNA GRY z okresu międzywojennego””. Gdynia 2008". Ptngdansk.pl (2009). Gdynia w numizmatyce ["Gdynia en numismática]. Polskie Towarzystwo Numizmatyczne. ISBN 9788385057758 "Aleksander M. Kuźmin „GDYNIA W NUMIZMATYCE”. Gdynia 2008". Ptngdansk.pl
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Sociedadde Numismática Polaca
Categoría:Nados en 1939 Categoría:Nados en Poznan Categoría:Numismáticos de Polonia Categoría:Matemáticos de Polonia Categoría:Heraldistas