To All Trains é o sexto álbum de estudio da banda estadounidense de noise rock Shellac, publicado o 17 de maio de 2024 a través do selo Touch and Go. Trátase do primeiro traballo de estudio do grupo nunha década e da súa derradeira gravación antes da morte de Steve Albini días antes do lanzamenro do disco. A gravación realizouse ao longo de varios anos e non foi promovida con avances, sinxelos ou xiras. A publicación coincidiu coa dispoñibilidade da música de Shellac en servizos de streaming musicais por primeira vez en anos.
O disco foi gravado e mesturado nos estudios Electrical Audio de Albini en Chicago, en catro sesións entre os anos 2017 e 2022 debido ás numerosas responsabilidades dos membros da banda.
Recepción To All Trains recibiu críticas moi positivas. Segundo o agregador de recensións Metacritic, To All Trains recibiu unha "acamación universal" baseada nunha puntuación media ponderada de 85 sobre 100 de 7 recensións de críticos. Escribindo para AllMusic, o crítico Mark Deming dixo que "é practicamente imposible escoitar a música sen escoitala a través do filtro da dor, o cal é estraño, xa que é unha música que soa musculosa, vital, e moi viva" e a banda é "unha máquina de math rock esvelta e mesquiña... [con] concisión das cancións [que] fai que isto sexa unha experiencia de escoita sen alento e enérxica". Lux Sparks-Pescovitz de BoingBoing recomendou este álbum a todo o mundo, incluídos aqueles non familiarizados cos anteriores traballos de Albini e comparou favorablemente este álbum co blues rock, The Raconteurs e o último álbum de estudio de David Bowie, Blackstar. En Clash Music, Cal Cashin describiu o álbum como "rock mutante de repartir estopa" que "mostra unha banda de rock que ten toda a razón sobre ser unha banda de rock". En Kerrang!, Olly Thomas aclamou o lanzamento como "unha clase maxistral na entrega de precisión musical cun subsolo de contundencia e tensión".
Paul Brannigan, de Louder Sound, cualificouno como "tan emocionantemente intenso, escuro e agradablemente pouco sentimental como se esperaba" con emocións "abrasivas [e] tipicamente pouco sentimentais", e tamén tolas, describindo a música no seu conxunto como "nunca menos que convincente de principio a fin, nunca menos que un bo rato sombríamente fermoso". En Louder Than War, John Robb outorgoulle ao álbum a puntuación perfecta e cualificouno como "outra ollada ao apertado mundo da banda e outra celebración do seu xenio minimalista" que "soa tan emocionante e fresco como calquera cousa que fixeran nunca". Os editores de Pitchfork incluírono nunha lista curta dos oito mellores álbums da semana, cualificándoo como un "disco de ruído xusto e desenfreado", e o crítico Christopher R. Weingarten escribiu máis tarde que "camiña naturalmente polo mesmo camiño e, se as circunstancias o permitisen, probablemente se tería apreciado simplemente como pouco máis que o sexto excelente disco de Shellac".
Listaxe de cancións
Persoal Shellac Steve Albini - guitarra, voces, gravación, produción, masterización no Chicago Mastering Service Todd Trainer - batería Bob Weston - baixo, voces, masterización, fotografía
Persoal adicional David Babbitt - deseño da portada Matthew Barnhart - axudante de gravación Greg Norman - axudante de gravación Ungiedem Zaneta Ogar - mestura de son en directo Jon San Paolo - axudante de gravación Gregoire Yeche - axudante de gravación Notas
Categoría:Álbums de Shellac Categoría:Álbums musicais de 2024 Categoría:Álbums producidos por Steve Albini Categoría:Álbums de Touch and Go Records