Ángel Buceta Loroño, nado en Vilagarcía de Arousa o 17 de xaneiro de 1917 e finado en Pontevedra o 11 de outubro de 1937, foi un sindicalista e guerrilleiro galego.

Traxectoria Empregado. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte por medo a ser detido. Refuxiouse no mato chamado Picote, en Rubiáns, onde dúas mulleres lle levaban a comida. A principio de 1937 integrouse no grupo guerrilleiro organizado por Rodrigo Beruete Alejandre no monte Xiabre con outros fuxidos: Ramón Rodríguez Carregal, Francisco Baamonde García, Manuel Martínez Freire, José Torres Eiras, e Serafín Brea Otero, ao que se foron incorporando Urbano Tarrío Montero, Manuel Limeres Ordóñez, Juan Gil Quintela, Antonio Basilio Sayanes González, Pilar Fernández Seijo e Manuel Díaz Hermo.

Perseguidos pola Garda Civil, o exército, os carabineiros e as milicias de Falanxe e a Garda Cívica de Vilagarcía, o 13 de febreiro de 1937 cercaron a casa de Pilar Fernández en Trabanca Badiña onde estaban refuxiados Buceta, Beruete, Juan Gil e Manuel Díaz, pero lograron fuxir. Na persecución morreu Manuel Díaz Hermo e Ángel Buceta, ferido, entregouse dous días despois no cuartel. A súa declaración levou á detención de Francisco Baamonde. Estivo internado no Hospital de Pontevedra ata o 31 de marzo. O 22 de xullo de 1937 foi xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión xunto con Francisco Baamonde. Condenados á pena de morte, foron executados o 11 de outubro de 1937 ás seis da mañá, na avenida de Buenos Aires de Pontevedra, por unha sección da Garda de Asalto.El Compostelano, 13-10-1937, p. 2. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1940.El Ideal Gallego, 1-6-1940, p. 3.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Contra o esquecemento: Ángel Buceta Loroño e Francisco Baamonde García.

Categoría:Sindicalistas da CRG Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Vilagarcía de Arousa Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 1937