Ovidio Martínez de Castro, máis coñecido como Ovidio Murguía,Dicionario biográfico de Galicia, Tomo 2, p. 282, Ir Indo, 2010-2011, Vigo. nado en Lestrobe (Dodro) o 2 de xullo de 1871 e finado na Coruña o 1 de xaneiro de 1900, foi un pintor galego, membro da posteriormente denominada Xeración Doente.
Traxectoria Naceu no pazo de Hermida, fillo dos escritores Manuel Martínez Murguía e Rosalía de Castro, de quen herdou o seu sentimento artístico. Quedou orfo de nai aos 14 anos. Comezou a pintar en Santiago de Compostela, na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago, da que era profesor o artista José María Fenollera. En 1895 trasladouse a Madrid, pero non seguiu os camiños habituais de ir á Real Academia de Belas Artes de San Fernando nin as posibles pensións para Roma, por aquel entón pouco menos que imprescindible para facer carreira oficial.
O seu parentesco co novelista Alejandro Pérez Lugín, en cuxa casa residía, permitiulle asistir a faladoiros literarios e relacionarse con artistas. Saía ao campo, na zona do Guadarrama, a pintar paisaxes do natural, e acudía con frecuencia ao Museo do Prado, onde realizou copias dos grandes mestres, para exercitarse no oficio de pintor.
O seu pai, home ambicioso, relacionouno con políticos influentes da época, para os que realizou escenas de xénero, moi en voga por entón, e decoracións murais para os seus palacios. Así, en 1898 leva a cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras que o político galego Eugenio Montero Ríos lle encarga para ornar o pazo de LourizánFundación Rosalía de Castro (22 de maio de 2014) A Casa-Museo vén de adquirir un cadro descoñecido de Ovidio Murguía. "Ovidio falece con 28 anos cando daba cabo á súa primeira encomenda importante, un conxunto de obras para (...) Montero Ríos (...) encomenda realizada polo político galego en 1898, en Madrid".. Ovidio cumpriu estas encargas, aínda que non de moi boa gana, até que decidiu liberarse deles por completo e vivir sen traballar, unha vida que a súa precaria saúde non tolerou.
Concorreu a algunhas exposicións, pero a súa curta vida non lle permitiu callar a obra que, sen dúbida, o seu temperamento estaba destinado. A pintura de Ovidio Murguía figura nos museos de Galicia: no Museo de Pontevedra"MURGUÍA DE CASTRO, Ovidio (1871-1900) " no Museo Provincial de Pontevedra., no Museo de Belas Artes da Coruña,Obras no Museo de Belas Artes da Coruña. na Colección Afundación, na Colección de Arte AbancaColección de Arte Abanca e na Casa Museo Rosalía de Castro.
En marzo de 2014 a Fundación Rosalía de Castro presentou un cadro inédito de Ovidio Murguía que vén de adquirir para os seus fondos. A obra non está catalogada ao non abandonar nunca a casa da familia Bustelo Calvo-Sotelo de Ribadeo; todo parece indicar que a peza é unha encomenda. O cadro Árbore de montaña, é quizais a obra de maior tamaño (190 x 130 cm) pintada por Ovidio Murguía. A data 1899 figura xunto á sinatura do pintor."A Fundación Rosalía presenta un cadro non catalogado de Ovidio Murguía" , Galiciaé (22-3-2014).
Ovidio Murguía de Castro faleceu prematuramente de tuberculose no 1900 con 28 anos de idade, feito que máis tarde faría que Barreiro e Felipe Bello Piñeiro o encadrase dentro da Xeración Doente.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Catálogo del Patrimonio Artístico de la Diputación de A Coruña, volume 1 e volume 2 .
VV.AA. (1993). Catalogo da exposición 'Xeración Doente'. Fundación Caixa Galicia. A Coruña.
Outros artigos Xenaro Carrero Ramón Parada Justel Joaquín Vaamonde Cornide Ligazóns externas
20px Pintores de Galicia (2013). TVG. Intervén Díaz Pardo, Marisa Sobrino, Xosé Antón Castro e outros.
Categoría:Nados en Dodro Categoría:Xeración Doente Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1900 Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público