Sweet Dreams é un filme neerlandés de 2023 escrito e dirixido por Ena Sendijarević, e está protagonizado por Renée Soutendijk e Hayati Azis. É unha coprodución internacional entre os Países Baixos e Suecia. Está ambientado nunha plantación nas Indias Orientais Neerlandesas a comezos do século XX e fai unha ollada crítica ao pasado colonial neerlandés.

Foi escollido como candidato dos Países Baixos para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse O magnate holandés do azucre Jan morre de súpeto nunha illa remota de Indonesia, deixando a súa esposa Agathe en shock. O seu fillo Cornelis e a súa esposa embarazada Josefien veñen dos Países Baixos para herdar o imperio familiar e quedan consternados ao descubrir que a amante de Jan, Siti, ten un papel crucial no seu testamento.

Personaxes Renée Soutendijk como Agathe Hayati Azis como Siti Florian Myjer como Cornelis Lisa Zweerman como Josefien Verdi Solaiman como Hong Hans Dagelet como Jan Muhammad Khan como Reza Bart Klever como Hendrik Chris Nietvelt como amigo de Agathe Rio Kaj Den Haas como Karel Peter Faber como Pastor

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes dos Países Baixos propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua neerlandesa Categoría:Filmes dos Países Baixos Categoría:Filmes de Suecia