Volaða land (en islandés) ou Vanskabte land (en dinamarqués) é un filme islandés-dinamarqués de 2022 dirixido por Hlynur Pálmason. Ambientado no século XIX, está protagonizado por Elliott Crosset Hove no papel de Lucas, un sacerdote luterano de Dinamarca que viaxa a Islandia para estabelecer unha nova igrexa parroquial, mais a súa fe é desafiada polas duras condicións da vida rural, incluída a súa incapacidade como falante monolingüe de dinamarqués para comunicarse co seu guía islandés asignado, Ragnar (Ingvar Eggert Sigurðsson).

Foi escollido como candidato de Islandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, clasificándose na lista curta de decembro.

Personaxes Elliott Crosset Hove como Lucas Ingvar Eggert Sigurðsson como Ragnar Jacob Lohmann como Carl Vic Carmen Sonne como Anna Ída Mekkín Hlynsdóttir como Ida

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Islandia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua islandesa Categoría:Filmes de Islandia Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Suecia Categoría:Filmes dirixidos por Hlynur Pálmason Categoría:Filmes ambientados no século XIX