O Östasiatiska museet ou Museo de Antigüidades do Leste Asiático é un museo situado en Estocolmo (Suecia), fundado polo Parlamento sueco en 1929. O seu primeiro director foi o arqueólogo Johan Gunnar Andersson (1874-1960).
Historia A colección do museo baseouse orixinalmente nas pezas tomadas por Andersson na China durante a década dos 20. Na actualidade, conta con pezas do Xapón, Corea, a India e China. Non só se centra na arqueoloxía, mais tamén nas belas artes e na cultura contemporánea. Ademais, conta cunha gran biblioteca de investigación aberta ao público.
O último catálogo completo do museo publicouse en 1963. Porén, tamén editan unha revista anual sobre a antigüidade do leste asiático, o Bulletin of the Museum of Far Eastern Antiquities. miniatura|Armadura dun samurai, elaborada con ferro, coiro e seda (século XIX)|alt=Armadura dun samurai, elaborada con ferro, coiro e seda (século XIX)|esquerda|389x389px
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Publicacións do Östasiatiske museet (Internet Archive)
Categoría:Wikipedia:Artigos con coordenadas en Wikidata Categoría:Museos
