Kevin Presa Duarte, nado en Ponteareas o 15 de maio de 1994, é un futbolista galego que xoga como centrocampista na Cultural Leonesa da Primeira División RFEF.

Traxectoria Formado na canteira do Pontevedra, en 2013 debutou co primeiro equipo na Terceira División, nun partido ante o Cerceda. Disputou 12 partidos esa tempada co Pontevedra, que alternou co filial en Preferente, e en 2014 instalouse definitivamente no primeiro equipo. Xa asentado na titularidade, en 2015 conseguiu o ascenso á Segunda División B. Militou un total de 6 campañas no primeiro equipo pontevedrés, sumando 191 partidos e 11 goles.

No verán de 2019 fichou polo UCAM Murcia, tamén de Segunda B, e a continuación pasou polo Haro Deportivo e o Cornellà, volvendo ao fútbol galego na tempada 2021/22 ao fichar polo Racing de Ferrol. Co club verde debutou na nova Primeira División RFEF e disputou 35 partidos nos que marcou 2 goles.

En xullo de 2022 asinou como novo xogador da Cultural Leonesa.

Notas

Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Nados en 1994 Categoría:Xogadores do Racing de Ferrol Categoría:Xogadores da UE Cornellà Categoría:Xogadores do Pontevedra CF Categoría:Futbolistas da provincia de Pontevedra