O KAI T-50 Golden Eagle (en ) é unha familia de adestradores avanzados e aviónsde combate lixeiros supersónicos de Corea do Sur desenvolvidos por Korea Aerospace Industries (KAI) con Lockheed Martin. É o primeiro avión supersónico indíxena de Corea do Sur e un dos poucos adestradores supersónicos do mundo.

O desenvolvemento do T-50 comezou a finais dos anos 90, e o seu primeiro voo foi no ano 2002. Entrou en servizo activo coa Forza Aérea da República de Corea en 2005. O T-50 foi posteriormente desenvolvido con variantes como avión acrobático e de combate, as T-50B, TA-50 e FA-50. Considerouse tamén unha variante monopraza de caza multipropósito do F-50, pero finalmente foi cancelada. O T-50B serve co equipo acrobático da Forza Aérea de Corea do Sur, os Black Eagles.

O T-50 está en servizo con varios países. Iraq recibiu 24 avións da variante de adestramento, designados T-50IQ, en 2016. A variante de ataque lixeiro TA-50 é operada por Indonesia, 16 avións entraron en servizo en 2014 e en 2021 pedíronse 6 aparellos máis. Filipinas opera 12 unidades da variante de caza lixeiro FA-50, e o país considera pedir outras 12 unidades. Tailanda pediu 12 aparellos da versión de adestramento avanzado, T-50TH, en 2015. No ano 2022 Polonia pediu 48 FA-50, en en 2023 Malaisia pediu 18 aparellas da última variante Block 20, coa posibilidade de mercar outros 18.

Notas

Categoría:Aeronaves de KAI Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 2002 Categoría:Aeronaves de adestramento militares