Os Snowbirds, oficialmente coñecidos como o 431 Air Demonstration Squadron (francés: 431e Escadron de démonstration aérienne), é o equipo de demostración de voo acrobático da Real Forza Aérea do Canadá. O equipo está baseado en CFB Moose Jaw, preto de Moose Jaw, Saskatchewan. O propósito oficial dos Snowbirds é "demostrar a habilidade, a profesionalidade e o traballo en equipo do persoal das Forzas Canadenses".Dempsey 2002, p. 567 O equipo tamén proporciona un rol de relacións públicas e de recrutamento, e serve como un embaixador aéreo para as Forzas Armadas do Canadá.Dempsey 2002, p. 684 Os Snowbirds son o primeiro equipo de demostración aérea canadense en ser designado como escuadrón.Dempsey 2002, p. 718
O equipo voa 11 CT-114 Tutor: nove para actuacións acrobáticas (incluídos dous solos), e dous de reposto, pilotado polos coordinadores do equipo. Ademais, mantéñense 13 exemplares almacenados. Uns 80 efectivos das forzas canadenses traballan a tempo completo co escuadrón; 24 son o persoal de espectáculos que viaxan co equipo durante a tempada de actuacións. Os Snowbirds son o único gran equipo de acrobacias militares que opera sen unha aeronave de apoio.Dempsey 2002, p. 659
Os Snowbirds continúan a tradición de demostración de voo dos anteriores equipos acrobáticos da forza aérea canadense, como os Siskins, os Blue Devils, os Golden Hawks, e os Golden Centennaires.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Equipos de acrobacia aérea Categoría:Forza Aérea do Canadá