Carlos-Peregrín Fernández Otero, nado en Lourenzá o 18 de maio de 1930 e finado en Seattle (Estados Unidos) o 25 de abril de 2024, foi un lingüista, profesor, activista libertario e escritor galego que traballou nos Estados Unidos.

Traxectoria Estudou o bacharelato en Lugo e Dereito, Políticas e Económicas na Universidade Central de Madrid. Opositou a unha praza no Ministerio de Asuntos Exteriores como conselleiro letrado de Cultura Hispánica e secretario da Oficina de Cooperación Intelectual. Máis tarde obtivo o título de Arts Master no State Teachers College de Kirskivilie (Missouri). En 1960 presentou a tese de doutoramento sobre Luis Cernuda.

Na Universidade de California en Berkeley entrou en contacto con Noam Chomsky, que traduciu e editou ao castelán. Sendo profesor alí de Lingüística e Literatura Española, en 1965 foi elixido como director adxunto do Centro de Estudos de Berkeley en Madrid durante dous anos.

O profesor Otero impartiu clases durante moitos anos na Universidade de California nos Ánxeles (UCLA) como catedrático no Departamento de Portugues e Español, e fixo contribucións decisivas ao desenvolvemento dos estudos de lingüística española, portuguesa e románica na UCLA e en todo o mundo. Otero foi un influente gramático xerativo e a súa extensa lista de contribucións inclúe a recoñecida colección de oito volumes *Noam Chomsky: Critical Assessments*, amplamente recoñecida como a avaliación máis completa da natureza polifacética da obra de Chomsky.

Traballou na literatura, na lingüística e no xornalismo, publicando mesmo en El Progreso, Verba e Grial. Tivo problemas coa censura franquista e defendeu a teoría de que o galego representa un estadio anterior do castelán.

Obras Evolución y revolución en romance. Mínima introducción a la diacronía (1971). Barcelona: Seix Barral. Letras I (1972). Tamesis Book Limited, de Londres. Letras I (1972 ). Barcelona: Seix Barral. Evolución y revolución en romance II. Mínima introducción a la diacronía (1976). Barcelona: Seix Barral. La revolución de Chomsky: ciencia y sociedad (1984). Tecnos. ISBN 84-309-1107-3. Introducción a la lingüística transformacional (retrospectiva de una confluencia) (1989). Siglo XXI de España Editores. Ilustracións de Martínez Passarge, María Luisa. ISBN 978-968-23-0614-3. Libertarismo versus liberalismo. (?), Madrid: Anagrama.

Libros colectivos Lógica y lenguaje. Tecnos.

Tradución Aspectos de la teoría de la sintaxis, de Noam Chomdky (1971). Aguilar. Sintáctica y semántica: En la gramática generativa, de Noam Chomsky (2005, 7ª). Siglo XXI de España Editores.

Recoñecementos Foi profesor emérito da Universidade de Berkeley. Déuselle o seu nome a unha rúa de Vilanova de Lourenzá.

Notas

Categoría:Nados en Lourenzá Categoría:Nados en 1930 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Lingüistas de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade Central de Madrid Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Profesores da Universidade de California, Berkeley Categoría:Profesores da Universidade de California, Os Ánxeles Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América