Olga Poulsen Berthelsen, nada o 7 de xullo de 1962, é unha política groenlandesa do partido Inuit Ataqatigiit.

Traxectoria Berthelsen é a filla de Ane D. Poulsen. Nos seus anos máis novos traballou como empregada de oficinas e como profesora antes empezar a súa instrución como enfermeira en 1994.

Carreira política Berthelsen presentouse por primeira vez ás eleccións xerais de 1991, mais non saíu elixida para o Inatsisartut. Tampouco foi elixida nas eleccións de 1995. En marzo de 1996, converteuse en membro do concello municipal de Nuuk. Nas eleccións de 1999, foi elixida para o Inatsisartut por vez primeira. Non se presentou ás eleccións de 2002 e tamén deixou o consello municipal. Nas eleccións xerais de 2005, foi a primeira candidata por Inuit Ataqatigiit e sentou no Inatsisartut dende entón até xuño de 2007. En outubro de 2007 volveu ser deputada brevemente e, finalmente, a partir de setembro de 2008. Nas eleccións de 2009 foi reelixida directamente ao Inatsisartut. Catro anos despois, nas eleccións de 2013, non conseguiu votos suficientes e deixou o parlamento. Presentouse de novo nas eleccións de 2018, pero de novo non foi elixida.

Vida persoal Berthelsen casou co líder sindicalista groenlandés Jess G. Berthelsen (nado en 1958) con quen ten cinco fillos.

Notas

Categoría:Nados en 1962 Categoría:Políticos de Inuit Ataqatigiit Categoría:Deputados do Parlamento de Groenlandia