O Bell 222 é un helicóptero lixeiro bimotor estadounidense construído por Bell Helicopter. O Bell 230 é un desenvolvemento mellorado con diferentes motores e outros cambios menores.
Desenvolvemento
Orixes A finais dos anos 60 Bell comezou a deseñar un novo helicóptero lixeiro bimotor. nha maqueta do novo helicóptero foi exhibida en xaneiro de 1974 nunha convención de helicópteros. Tras o interese na convención, a compañía anunciou o novo Bell 222.Frawley, Gerard, "Bell 222 & 230", The International Directory of Civil Aircraft, 2003-2004, p. 46, Aerospace Publications Pty Ltd, 2003, ISBN 1-875671-58-7 Foi o primeiro helicóptero comercial lixeiro de dúas turbinas desenvolvido nos Estados Unidos.Donald, David, ed. "Bell Model 222". The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Nobel Books, 1997. ISBN 0-7607-0592-5
O Bell 222 incorporou unha serie de funcións avanzadas, incluíndo sistemas hidráulicos e eléctricos dobres, soportes que albergaban o tren de aterraxe retráctil, e o sistema de redución de vibracións Noda Matic desenvolvido para o Bell 214ST.Frawley, Gerard, The International Directory of Civil Aircraft, 2003-2004, Aerospace Publications Pty Ltd, 2003, ISBN 1-875671-58-7
A fabricación comezou en 1975. O primeiro voo do Model 222 foi o 13 de agosto de 1976. Recibiu a certificación da Administración Federal de Aviación (FAA) o 16 de agosto de 1979 e foi aprobado para o uso das regras de voo visual (VFR) o 20 de decembro de 1979. As súas entregas comezaron o 16 de xaneiro de 1980. A FAA aprobou ao 222 para a operación con regras de voo instrumental (IFR) cun só piloto o 15 de maio de 1980.
Versións melloradas O máis potente Bell 222B foi introducido en 1982 cun rotor principal de maior diámetro. O Bell 222UT Utility Twin baseado no 222B, cun tren de aterraxe de patíns, foi introducido en 1983.
Un desenvolvemento do 222 é o Bell 230, cos motores LTS 101 do 222 substituídos por dous turboeixos Allison 250, ademais doutros refinamentos. Un 222 convertido voou por vez primeira como o prototipo do 230 o 12 de agosto de 1991. Transport Canada outorgoulle a certificación en marzo de 1992, e o primeiro aparello de produción entregouse ese mes de novembro. O 230 tiña a opción de levar tren de aterraxe de rodas ou de patíns. A produción rematou en 1995 con 38 construídos, sendo substituído na liña de fabricación de Bell polo alongado e máis potente Bell 430.
Notas
Categoría:Aeronaves de Bell Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1976 Categoría:Helicópteros