Xoán Ignacio Taibo Arias, tamén coñecido como Nacho Taibo, nado en Madrid o 31 de marzo de 1949, é un escritor e sociólogo galego.

Traxectoria Nado na emigración madrileña de pais galegos, tomou contacto coa cultura galega en Madrid e en 1976 estableceuse en Galicia. Estudou socioloxía en Madrid e tivo varios traballos ata comezar en 1982 a exercer de profesor de secundaria na materia de Lingua Galega e Literatura ata a xubilación. Ten colaborado en diversas publicacións periódicas de Galicia: Teima, A Nosa Terra, Nós Diario...

En 1975 publicou a súa primeira obra literaria, Os inmortais, unha recolleita de tres relatos.

Vida persoal

É irmán de Carlos Taibo.

Obra en galego Narrativa Os inmortais (1975). Vigo: Editorial Castrelos. O fotógrafo (1977). Limbo. Homes de ningures (1978). Edicións do Rueiro. En 2002 foi publicado por La Voz de Galicia na Colección "Biblioteca 120 Galega". Calendario de brétemas mañanceiras na miña praia atlántica (1981). Maddrid: Akal. A semancia (1981). Vigo: Xerais. ISBN 9788475070278. Doncos, o pacífico (1987). Santiago: Sotelo Blanco. ISBN 978-84-86021-42-9. Informe bestiario (1991). Santiago: Laiovento. 110 páxs. ISBN 978-84-87847-04-2. A ponliña irlandesa (1997). Sada: Ediciós do Castro. Por tras dos meus ollos (1999). Santiago: Sotelo Blanco. 131 páxs. ISBN 978-84-7824-335-8. Salvador de Occidente (2000). Vigo: Ir Indo. 212 páxs. ISBN 788476803103. Flor do grelo (2008). Santiago: Laiovento. 51 páxs. ISBN 978-84-8487-156-8. As boas familias (2014). Noia: Toxosoutos. ISBN 978-84-943014-1-4. Os tres de nunca (2017). Vigo: Xerais. 568 páxs. ISBN 978-84-9121-138-9. Un amigo do pobo (2024). Menino Morreu. 112 páxs. ISBN 9788419344083. Xibraltaria (Un Cadillac en Xibraltar) (2025). Morgante. 204 páxs. ISBN 978-84-19040-40-4. Levitación, nivel iniciación (2025). Santiago: Laiovento. 102 páxs. ISBN 978-84-8487-717-2. Ed. ebook: ISBN 978-84-8487-718-9.

Obras colectivas Catro narracións, 1977, Ediciós do Castro. Os partidos políticos na Galiza, 1977, Edicións do Rueiro. Con Manuel Rivas. A fundición e outras narracións, 1978, Ediciós do Castro. O relato breve. Escolma dunha década (1980-1990), 1990, Galaxia. Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991), 1992, Ediciós do Castro. Novo do trinque, 1997, BNG. Novos exercicios de estilo, 2000, Universidade da Coruña. Alma de beiramar, 2003, Asociación de Escritores en Lingua Galega. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. No tempo de Follas novas. Unha viaxe pola literatura universal, 2015, Alvarellos. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Obra en castelán Tradución Vinícius de Moraes, 1983, Júcar.

Premios Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo do 1975, por A enquisa. Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1976, por O leito (esbozo para unha historia que nunca existiu). Premio da Crítica Española do 1978, por Homes de ningures. Premio Mesón do Labrego da Editorial Limbo no 1978, por O fotógrafo. Gañador do Premio Modesto R. Figueiredo do 1979, por Pacífico Sul. Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1979, por Saga dos mil e un mortos. Gañador do primeiro Premio Carvalho Calero do Concello de Ferrol no 1990, por Informe bestiario. Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do 1990, por Libélulo cabálulo do demo. Segundo premio do Premio Modesto R. Figueiredo do 1994, por Don Ninguén. Finalista do premio Eixo Atlântico no 1998, por Por tras dos meus ollos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Entrevista co escritor , Sermos Galiza, 19 de marzo de 2018. É anómalo que só terme do futuro da lingua unha minoría activa , conversa co autor para Galicia Hoxe, aparecida o 28 de xuño de 2010. Entrevista de Literatura Galega do S.XX do alumnado do IES Manuel García Barros

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1949 Categoría:Premio Carvalho Calero Categoría:Profesores de educación secundaria Categoría:Sociólogos de Galicia