Tonino Delli Colli, nado en Roma o 20 de novembro de 1923 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 2005, foi un director de fotografía italiano.

Traxectoria Delli Colli naceu en Roma o 20 de novembro de 1923, e comenzou a súa carreira cinematográfica en 1938 no estudo Cinecittà, aos 16 anos de idade. Os seus primeiros traballos consistiron en ser asistente de camarógrafo. A mediados dos anos 1940 xa traballaba como director de fotografía, e en 1952 colaborou na primeira película italiana en cor, Totò a colori. Ao longo da súa carreira traballou con diversos e recoñecidos directores de cine, incluíndo Sergio Leone (O bo, o feo e o malo, Ata que chegou a súa hora e Era unha vez en América (en italiano C'era una volta in America), Roman Polanski (A morte e a doncela e Bitter Moon), Louis Malle (Lacombe Lucien), Jean-Jacques Annaud (O nome da rosa), Federico Fellini (Ginger e Fred, Intervista e La voce della luna) e Luis García Berlanga (El verdugo).

Traballou ademais co director Pier Paolo Pasolini, participando en doce das súas películas, como Accattone (1961), Mamma Roma (1962), O evanxeo segundo San Mateo (1964), Il Decamerón (1971), Os contos de Canterbury (1972) e Salò o le 120 giornate di Sodoma (1976).

O seu último filme foi La vita è bella (1997) de Roberto Benigni, pola que obtivo o seu cuarto premio David de Donatello na categoría de mellor fotografía. En 2005 foi recoñecido pola American Society of Cinematographers cun premio á traxectoria. Tonino Delli Colli faleceu en agosto dese mesmo ano debido a un ataque cardíaco.

Notas

Categoría:Nados en 1923 Categoría:Nados en Roma Categoría:Finados en 2005 Categoría:Directores de fotografía de Italia Categoría:Directores de fotografía dos Estados Unidos de América