250px|miniatura|Clorita

Clorita é o nome xenérico de numerosos aluminosilicatos do grupo dos filosilicatos, silicatos hidratados de aluminio con ferro e manganeso. Nalgúns deles predomina o ferro, mentres que noutros é máis importante a presenza de manganeso e doutros metais.

Etimoloxía O termo clorita procede do grego χλωρος, chlōros, "verde", en alusión á cor predominante en todos os minerais deste grupo.Clorita en Definiciona.

Orixe Son minerais de orixe metamórfica, que cristalizan no sistema monoclínico e que se encontran en forma de láminas flexíbeis de cor verde. Fórmanse por transformación ou alteración da auxita, a biotita e a hornblenda.

Minerais do grupo das cloritas Os minerais máis comúns do grupo son o clinocloro, a pennantita, a filita e a chamosita, aínda que se describiron gran número deles.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Galería de minerais do grupo da clorita . Informacións sobre a clorita

Categoría:Silicatos Categoría:Minerais