Ramón Palmeiro Maseda, nado no Valadouro cara a 1876 e finado en Viveiro o 12 de febreiro de 1967, foi un avogado, empresario e político galego.
Traxectoria Combatiu na guerra de Cuba. Foi secretario do Xulgado municipal de Alfoz do Castrodouro en 1906.BOP Lugo, 31-5-1906, p. 3. Foi nomeado sustituto do rexistrador da propiedade de Viveiro en 1913.El Norte de Galicia, 13-1-1913, p. 2. Procurador en Viveiro dende 1913,Diario de Galicia, 26-10-1913, p. 1. foi propietario do Hotel Villa Venecia de Viveiro. Na ditadura de Primo de Rivera foi concelleiro de Viveiro en 1924,BOP Lugo, 23-9-1924, p. 2. presentou a dimisión a principios de 1927.El Heraldo Gallego, 17-4-1927, p. 6. Na República foi elixido tesoureiro-contador do Partido Republicano Independiente, escisión da Federación Republicana Gallega, constituído en Viveiro en marzo de 1933 baixo a presidencia de José Santiago Seijo.El Pueblo Gallego, 9-3-1933, p. 9. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado presidente da Comisión Xestora de Viveiro en setembro de 1936.BOP Lugo, 26-9-1936, p. 2. Cesou no cargo en 1938. Finou en Viveiro o 12 de febreiro de 1967.El Progreso, 14-2-1967, p. 7.El Progreso, 16-2-1967, p. 7.
Vida persoal
Casou con Josefa Fernández Palmeiro e foi pai de Elvira, Ramón, José e Rosalía Palmeiro Fernández.El Pueblo Gallego, 16-2-1967, p. 16.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Hotel Venecia de Viveiro
Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados no Valadouro Categoría:Nados en 1876 Categoría:Finados en 1967