Ágata, a veciña espía (en ) é un filme dinamarqués de 2017 escrito e dirixido por Karla von Bengtson (no seu debut como directora). Estreouse nos cinemas de Dinamarca o 10 de agosto de 2017 a través de Copenhagen Bombay. A pesar do seu título, a trama non ten relación con ningunha das novelas policiais de Agatha Christie.

Estreouse dobrado en galego na plataforma do Xabarín o 9 de marzo de 2024.

Sinopse Ágata é unha nena que quere converterse nunha auténtica detective e estabelece a súa propia oficina de detectives improvisada no soto da súa casa. Un día, coñece un neno misterioso, Vincent, nunha tenda local, o que a leva a dedicar o seu tempo e enerxía a vixialo.

Personaxes As voces orixinais en dinamarqués son: Simone Edemann Møgelbjerg como Agathe "AC" Christine Oliver Bøtcher Herlevsen como Vincent Kristine Sloth como Sanne Anne-Grethe Bjarup Riis como Mor Søs Egelind como Varanen Tommy Kenter como Kiosk-Arne Dar Salim como pai de Vincent Albert Rudbeck Lindhardt como irmán de Vincent Harald Kaiser Hermann como mozo do skate Mille Lunderskov como moza das selfies Viggo Bengtson como Lillebror Bertil Annevig Schelde Ebbe como a voz do GPS

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua dinamarquesa Categoría:Filmes de Dinamarca Categoría:Filmes de 2017 con versión en galego Categoría:Xabarín Club