Luis Alfonso Ledesma Galán, coñecido como Willy Ledesma, nado en Torremejía (Badaxoz) o 23 de xaneiro de 1989, é un futbolista español que xoga como dianteiro no Lugo, da Primeira División RFEF.
Traxectoria Formado na canteira do CF Extremadura, aos 17 anos debutou co primeiro equipo na Segunda División B, nun partido ante o Alcalá. En xaneiro de 2008 ingresou no equipo xuvenil do Rayo Vallecano.
Despois de xogar no Rayo B fichou polo Real Betis, e militou nos equipos C e B do club. En agosto de 2011 fichou polo Villanovense, de Segunda B, no que xogou durante os seguintes dous anos. Na tempada 2013/14 xogou no Arroyo CP, pasando o ano seguinte ao Estremadura UD, da Tercera División. Na campaña 2015-16 anotou 32 goles liderando o ataque do equipo estremeño, que logrou o ascenso á Segunda B. Xogou no club de Almendralexo ata 2020, conseguindo un ascenso a Segunda e deixando o equipo como o seu máximo goleador histórico.
En xaneiro de 2020 asinou contrato co Córdoba, da Segunda División B, co que conseguiu un novo ascenso na campaña 2021/22, desta vez á Primeira División RFEF. En xuño de 2023 fichou polo Lugo, que viña de descender á Primeira División RFEF.
Notas
Categoría:Nados na provincia de Badaxoz Categoría:Nados en 1989 Categoría:Futbolistas de Estremadura Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do CF Extremadura Categoría:Xogadores do Rayo Vallecano B Categoría:Xogadores do Real Betis Balompié B Categoría:Xogadores do CF Villanovense Categoría:Xogadores do Extremadura UD Categoría:Xogadores do Córdoba CF Categoría:Xogadores do CD Lugo