The Zone of Interest é un filme de 2023 escrito e dirixido por Jonathan Glazer. É unha coprodución entre o Reino Unido, Polonia e os Estados Unidos de América. A historia baséase bvagamente na novela homónima de 2014 escrita por Martin Amis, que á súa vez está baseada en feitos reais. Está protagonizado polos actores alemáns Christian Friedel e Sandra Hüller como o comandante nazi e a súa muller Hedwig, e o filme conta a historia da parella mentres se esforzan por construír unha vida de soño para a súa familia nunha casa na zona de interese xunto ao infame campo de concentración de Auschwitz.

The Zone of Interest estreouse no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2023 o 19 de maio, conseguindo o Gran Premio e o Premio FIPRESCI, e foi considerado como un dos mellores cinco filmes internacionais de 2023 pola National Board of Review. Foi escollido como candidato do Reino Unido para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios, o cal finalmente gañou, e tamén foi nomeado noutras categorías coma mellor son.

Personaxes

Christian Friedel como Rudolf Höss Sandra Hüller como Hedwig Höss Johann Karthaus como Claus Höss Luis Noah Witte como Hans Höss Nele Ahrensmeier como Inge-Brigit Höss Lilli Falk como Heidetraut Höss Anastazja Drobniak, Cecylia Pekala e Kalman Wilson como Annegret Höss Medusa Knopf como Elfryda Maximilian Beck como Schwarzer Andrey Isaev como Bronek Stephanie Petrowitz como Sophie Stippel Julia Polaczek como Aleksandra Martyna Poznanski como Marta Zuzanna Kobiela como Aniela Marie Rosa Tietjen como amiga de Hedwig Imogen Kogge como nai de Hedwig Ralph Herforth como Oswald Pohl Daniel Holzberg como Gerhard Maurer Freya Kreutzkam como Eleonore Pohl Sascha Maaz como Arthur Liebehenschel

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Reino Unido propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 96ª edición dos Óscar Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2023 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua polaca Categoría:Filmes en lingua yiddish Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes de Polonia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Jonathan Glazer Categoría:Filmes de Film4 Productions Categoría:Óscar ó mellor filme internacional Categoría:Filmes de A24 Films Categoría:Filmes sobre o holocausto Categoría:Filmes rodados en Polonia Categoría:Filmes ambientados en Berlín Categoría:Filmes ambientados en 1943