Celsa Argüeso Pardo, finada en Bergondo o 1 de marzo de 1948, foi un muller galega vítima da represión sobre a guerrilla antifranquista.
Traxectoria O seu irmán, o sindicalista Manuel Argüeso Pardo, foi asasinado en Ferrol en 1936. O seu fillo Andrés Pardo Argüeso foi detido e morreu na fuga do Forte de San Cristovo o 22 de maio de 1938. O seu outro fillo Manuel Pardo Argüeso foi un guerrilleiro morto en Oroso o 8 de xaneiro de 1948, logo de disparar e matar ao brigada de Artillaría Juan Raña Martínez. En represalia pola morte do militar, Celsa foi asasinada en Bergondo o 1 de marzo por un grupo de gardas. O seu cadáver apareceu tirado no camiño preto da súa casa.
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bergondo Categoría:Finados en 1948 Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes