Thomas Jermaine Bryant, nado o 31 de xullo de 1997 en Rochester, Nova York, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Miami Heat da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria O 22 de xuño de 2017, Bryant foi elixido na 42ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Utah Jazz, e foi traspasado xunto a Josh Hart ós Los Angeles Lakers a cambio de Tony Bradley. O 30 de xullo de 2017, Bryant asinou o seu contrato de rookie cos Lakers. O 30 de xuño de 2018, os Lakers cortaron a Bryant.

O 2 de xullo de 2018, Bryant asinou cos Washington Wizards. O 7 de xullo de 2019, Bryant asinou un novo contrato de tres anos cos Wizards.

O 6 de xullo de 2022, Bryant asinou cos Los Angeles Lakers un contrato dun ano.

O 9 de febreiro de 2023, os Lakers traspasaron a Bryant ós Denver Nuggets nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Los Angeles Clippers e os Orlando Magic. Cos Nuggets, Bryant conseguiu o seu primeiro campionato da NBA, despois da vitoria nas Finais da NBA en cinco partidos contra os Miami Heat.

O 2 de xullo de 2023, Bryant asinou cos Miami Heat un contrato por dous anos.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados no condado de Monroe, Nova York Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Utah Jazz Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Washington Wizards Categoría:Xogadores dos Denver Nuggets Categoría:Xogadores dos Miami Heat