Moritz Fürst, nado en Pezinok, Eslovaquia, en marzo de 1782 e finado probablemente en Europa con posterioridade a 1840, foi un gravador de medallas de orixe xudía eslovaca e establecido nos Estados Unidos durante case toda a súa carreira.

Traxectoria

Primeiros anos en Europa Moritz Fürst naceu no seo dunha familia xudía en marzo de 1782,Smith, P. (2012). Páxina 161. na cidade de Pezinok, actualmente pertencente ao kraj eslovaco de Bratislava e daquela pertencente ao Reino de Hungría.Dunlap, W. (1834). Páxina 221.Chamberlain, G. S. (1954). Páxina 588.Smith, P. (2012). Páxina 162.Forrer, L. (1907).

Fürst estudou matrizaría en Viena, onde foi alumno do medallista da corte imperial e gravador xefe da Ceca de Viena Johann Nepomuk Wurth,Forrer, L. (1916). "Würth (or Wirt), Johann Nepomuk". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Vol. 6. Páxinas 567-570. que dirixía unha academia de gravado.Neuzil, C. (1999). Páxina 18. Máis tarde marchou a Italia e formouse cun gravador chamado Megole, superintendente da ceca de Lombardía.Neuzil, C. (1999). Páxinas 18-19.

Durante a súa estadía en Italia, Fürst fixo diferentes traballos como gravador, entre eles o selo do Consulado dos Estados Unidos en Livorno, por encarga do cónsul Thomas Appleton.Neuzil, C. (1999). Páxina 19.

Actividade nos Estados Unidos miniatura|180x180px|Anverso da medalla do Congreso a Alexander Macomb, comandante xeral do exército dos EUA (1814).Neuzil, C. (1999). Páxina 69. O cónsul Appleton propúxolle a Fürst viaxar aos Estados Unidos e ofreceulle un posto como gravador na Casa da Moeda de Filadelfia, cun salario de 2.000 dólares anuais, e fíxolle albergar esperanzas de que a súa influencia lle serviría para poder suceder a Robert Scot como gravador xefe da casa da moeda. Fürst aceptou a proposta e embarcouse cara a América a finais de setembro de 1807, no buque Neptune, portando cartas de presentación de Appleton dirixidas ao presidente Jefferson e a outras autoridades, algunhas das cales chegaron ao director da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Robert Patterson, e ao cuñador xefe, Henry Voigt.Chamberlain, G. S. (1954). Páxinas 588-589.

En Filadelfia, Fürst dedicouse inicialmente a diversos negocios e en 1808 estableceuse nesa cidade como gravador de selos e de cuños de aceiro. A situación da Casa da Moeda non se correspondía coa descrita por Appleton en Itala, xa que se acababa de contratar como axudante de Scot un novo gravador, de orixe alemá, chamado John Reich, polo que non había ningún posto vacante, e ademais o seu soldo era só de 600 dólares. Fürst reuniuse co director e co gravador xefe para reclamar o seu posto, aínda que sen éxito.

Así as cousas, durante máis dunha década, Fürst continuou a traballar no seu taller particular, onde elaborou os cuños para un bo número de medallas, algunhas delas por encarga do Congreso e cuñadas na Casa da Moeda de Filadelfia, aínda que sen ingresar nesta institución como gravador, como era a súa intención.Chamberlain, G. S. (1954). Páxina 589.Neuzil, C. (1999). Páxinas 20-21. miniatura|180x180px|Medalla ao doutor David Hosack (1820)."David Hosack, Physician and Scientist". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). Fürst viu como as influencias de Appleton e as súas cartas de presentación non tiveran a repercusión que esperaba e, tras o falecemento do gravador xefe da Ceca de Filadelfia, Robert Scot, en novembro de 1823, non foi el o chamado a sucedelo, como esperaba, senón William Kneass, que contaba coa recomendación do seu amigo o daquela cuñador xefe, Adam Eckfeldt,Neuzil, C. (1999). Páxina 21. e foi nomeado o 29 de xaneiro de 1824.

Nunha carta dirixida a un congresista, Fürst dá conta da súa decepción por este feito, xa que, ao ser chamado a América polo cónsul Appleton, se consideraba formalmente contratado pola Casa da Moeda, para a que levaba traballando 18 anos, aínda sen existir un contrato formal.Chamberlain, G. S. (1954). Páxinas 589-590. Esta situación levouno a solicitar unha indemnización ante o Comité de Reclamacións do Congreso, alegando que se lle prometera o posto de gravador da Casa da Moeda de Filadelfia antes da súa chegada en 1807, e xustificou a presentación da súa queixa 15 anos despois dos feitos alegando descoñecemento da lexislación e dos costumes estadounidenses. A resolución do Comité de Reclamacións foi negativa, baseándose na inexistencia de constancia escrita da oferta orixinal de Appleton.

Mesmo nesta incómoda situación, Fürst recibiu novas encargas de cuños para medallas nos anos seguintes e durante toda a década de 1830 por parte da Casa da Moeda, ás ordes do gravador xefe Kneass, entre elas máis cuños para novas medallas da paz india e da serie presidencial.Chamberlain, G. S. (1954). Páxina 590.

Cando o gravador xefe Kneass faleceu en 1840, foi sucedido por Christian Gobrecht, que xa estivera actuando como axudante logo da debilitación da saúde de Kneas a partir de 1835. Ante isto, Fürst, que xa se aproximaba aos 60 anos e vía pechada para el a porta da Casa da Moeda, decidiu regresar a Europa.

Pouco se sabe da vida de Fürst en Europa, aínda que se dá por seguro que no vello continente seguiu a dedicarse ao gravado de cuños para medallas durante algúns anos. Leonard Forrer menciona un medallista apelidado Fürst activo en Múnic entre 1841 e 1847,Forrer, L. (1924). "Fürst (Germ.)". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Supl. 1. Páxina 333. que cabería supor que se trata do mesmo gravador, xa que se coñece unha medalla alemá datada en 1841 e asinada cos mesmos punzóns que os utilizados por Moritz Fürst nos Estados Unidos.Neuzil, C. (1999). Páxina 22.

Obras miniatura|180x180px|Anverso da Medalla da xubilación de Adam Eckfeldt na Ceca de Filadelfia (1839). Esta é a versión de prata; tamén se cuñou en bronce e en ouro. A produción medallística de Moritz Fürst é moi abundante. Nas súas obras engadía a inscrición FURST F. (lat: Fürst fecit; gal: "feito por Fürst"), normalmente baixo os bustos do anverso, a modo de sinatura de gravador.

Unha das súas primeiras medallas coñecidas data de 1808 e está dedicada ao doutor Benjamin Rush, sobranceiro médico de Filadelfia, un dos asinantes da Declaración de Independencia e tesoureiro da Casa da Moeda dos Estados Unidos durante catorce anos. En 1812 dedicoulle tamén unha medalla ao gobernador De Witt Clinton, co gallo da inauguración do New York City Hall.Chamberlain, G. S. (1954). Páxinas 591-592.

Entre 1812 e 1835 creou, en virtude dunha resolución especial do Congreso, unha serie de 27 medallas dedicadas a militares estadounidenses en conmemoración dos heroes estadounidenses da guerra contra Inglaterra de 1812-1815, unha serie que lle proporcionou unha gran sona como gravador en Filadelfia.Neuzil, C. (1999). Páxina 20. Os retratos de varias destas medallas foron gravados por Fürst a partir de esbozos realizados polo pintor Thomas Sully.Chamberlain, G. S. (1954). Páxinas 589-591.

Outras das súas obras máis significativas son a outorgada polo Congreso ao coronel George Croghan (1835), a da coroación da raíña Vitoria (1838, asinada F.F.), e diversas medallas da paz india e presidenciais de James Monroe (1817),"Medal of James Monroe". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). John Quincy Adams (1825),"American Institute Award Medal". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). Andrew Jackson (1829)"Medal of Andrew Jackson". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). e Martin van Buren (1837)."Medal of Martin Van Buren". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org).

Fürst creou tamén algunhas medallas de premio, como a do American Institute, de Nova York, cuxos cuños gravou arredor de 1838."American Institute Award Medal". The Metropolitan Museum of Art (Metmuseum.org). De particular relevancia foi a primeira medalla xudía estadounidense da que se ten constancia, que executou para conmemorar a morte en 1816 do patriota e líder relixioso Gershom Seixas."Gershom Mendes Seixas". National Portrait Gallery. Smithsonian Institution (NPG.si.edu).Wacks, M. "Important New Discoveries about the

First American Jewish Medal".American Jewish Historical Society.

O seu derradeiro traballo coñecido en América, pouco antes do seu regreso a Europa, foi a medalla cuñada pola Ceca de Filadelfia conmemorativa da xubilación do seu cuñador xefe, Adam Eckfeldt, en 1839.Chamberlain, G. S. (1954). Páxina 591.Smith, P. (2020). "Eckfeldt, (John) Adam". En American Numismatic Biographies. Páxina 129.Smith, P. (1997). "Adam Eckfeldt struck the first U.S. coins". En The Numismatist. Xaneiro. American Numismatic Association. Páxina 63.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Chamberlain, G. S. (1954). "Moritz Furst, die-sinker and artist". En The Numismatist. Nº 67. Xuño. Páxinas 588-592. Dunlap, W. (1834). "Moritz Fürst". En History Of The Rise And Progress Of The Arts Of Design In The United States Vol. II. Páxinas 220-221. Forrer, L. (1907). "Fürst, Moritz". En Biographical Dictionary of Medallists. Spink and Son, Londres. Vol. 2. Páxina 172. Neuzil, C. (1999). “A Reckoning of Moritz Fürst’s American Medals”. En Stahl, A.M. (ed.). The Medal in America. Vol. 2. American Numismatic Society, Nova York. Páxinas 17-118. ISBN 0-89722-276-8 Smith, P. (2012). "Fürst, Moritz". En American Numismatic Biographies. Páxinas 161-162. Outros artigos Casa da Moeda dos Estados Unidos

Ligazóns externas

Medallas de Moritz Fürst no Metropolitan Museum of Art

Categoría:Nados en 1782 Categoría:Nados no kraj de Bratislava Categoría:Finados en 1840 Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Gravadores da Casa da Moeda dos Estados Unidos Categoría:Medallas Categoría:Estadounidenses de ascendencia xudía Categoría:Estadounidenses de ascendencia eslovaca Categoría:Personalidades sen imaxes