Andrea Santiso Arias, nada en Antas de Ulla en 1998, é unha filóloga e docente galega.
Traxectoria Estudou o grao de Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de fin de grao. O seu traballo de fin de grao, sobre a toponimia maior do concello de Antas de Ulla, recibiu o Premio á calidade lingüística en galego. Cursou tamén na USC o mestrado en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Linguas.
A través do Instituto da Lingua Galega participa no proxecto Toponomasticon Hispaniae. É membro do Instituto de Estudos Ulloáns, onde coordina xunto a Fernando García Penas a sección de Filoloxía, Literatura e Toponimia.
Vida persoal
É filla de Xosé Luís Santiso García e de Mari Arias Rodríguez.
Obra
Toponimia de Antas de Ulla (2023; colección Terra Nomeada).
Notas
Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Antas de Ulla Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega