Víctor Solís Suárez, nado en Sada cara a 1906 e finado no mesmo concello o 14 de marzo de 1996, foi un político galego.
Traxectoria Militante do PCE. No franquismo foi detido e condenado a 20 anos, despois estivo tres anos nun batallón disciplinario. Foi un dos promotores da Asociación de Ex-Presos Políticos e Persoas Afectadas por Actividades Político-Sociais constituída na Coruña en marzo de 1977.La Voz de Galicia, 7-3-1977, p. 22. Nas primeiras eleccións democráticas encabezou a candidatura de Unión dos Veciños e foi elixido concelleiro de Sada. Finou en Sada o 14 de marzo de 1996.Necrolóxica en La Voz de Galicia, 15-3-1984, p. 80.
Vida persoal
Casou con María Souto Sanjurjo, que finou en 1978.La Voz de Galicia, 24-6-1978, p. 19.
Notas
Véxase tamén Outros artigos
Eleccións municipais en Sada
Ligazóns externas
Ficha no Centro Documental da Memoria Histórica Fotografía en Memoria de Sada
Categoría:Políticos do PCE Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Concelleiros de Sada Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Nados en Sada Categoría:Nados en 1906
Categoría:Finados en 1996