Andrés Meixide Gayoso, nado en Vigo en 1970, é un deseñador e ilustrador galego.

Traxectoria É un deseñador e ilustrador que ten colaborado coa TVE Internacional como realizador de decorados e cabeceiras de diversos programas. A súa obra como ilustrador está publicada en Everest, Planeta&Oxford, Xerais, Galaxia, Embora ou Sotelo Blanco.

Colaborou en publicacións como Tempos, Cielo Negro, BD Banda e na revista Golfiño, onde en 1999 creou a personaxe de Thom, que desde 2007 se publicou en La Voz de Galicia. Como deseñador tamén participou en campañas publicitarias.

Ilustrador

O patadón, de Manuel Lourenzo González (2001). Xerais. Cando os animais falaban, de Antonio Reigosa e Xosé Miranda (2002). Xerais. Xan e Pericán, de Daniel Ameixeiro (2004). Xerais. Thom (2005). Kalandraka. Conto para non comer, de Oli (2005). Galaxia. O tesouro da lagoa de Reid'Is, de Agustín Agra (2007). Xerais. Tarzán de goma, de Ole Lund Kirkegaard (2007). Xerais. Unha mensaxe para Sara, de Xosé Antonio Perozo (2007). Sotelo Blanco. Cinco horas con Mauro, de Pere Tobaruela (2016). Embora. A señorita Bubble, de Ledicia Costas (2017). Xerais. Xelís, o guieiro das botellas de mar, de Rosa Aneiros (2017). Xerais. Brian, o Chinés, de David Daniel Vázquez Álvarez (2018). Embora A señorita Bubble. Aventura baixo cero, de Ledicia Costas (2020). Xerais. A señorita Bubble. Deus salve as raíñas, de Ledicia Costas (2023). Xerais. Os versos da Mariola, de Antón Cortizas (2023). Embora.

Colección Formgig4s Con textos de Pere Tobaruela.

Formig4s. Misión Nova York (2014). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-732-1. Formig4s. Misión París (2014). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-731-4. Formig4s. Misión Barcelona (2015). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9914-942-4. Formig4s misión Tokyo (2017). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-209-6. Formig4s misión Camiño de Santiago (2019). Xerais. 3ª ed. 112 páxs. ISBN 978-84-9121-504-2. Formig4s. Misión Rosalía (2022). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-043-4. Formig4s. Misión Samaín (2025). Xerais. 112 páxs. ISBN 978-84-1110-698-6.

Premios

Primeiro Premio no Salón do Cómic de Vigo coa obra Abrir Vigo ao mar Segundo premio no XI Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude 95 por O asasino chamábase Roger. Segundo Premio no XII Concurso Galego de BD (1996) por A dous centímetros. 2006: The White Ravens Notas

Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Ilustradores de Galicia Categoría:Deseñadores de Galicia