Thee Headcoatees foi unha banda inglesa de garage formada por mulleres e fundada en Chatham, Kent, en 1991. O grupo foi parte da escena Medway. As súas membros foron Holly Golightly, Kyra LaRubia, Ludella Black e "Bongo" Debbie Green.

Historia Thee Headcoatees foi formada por Billy Childish como un grupo de apoio para a súa banda Thee Headcoats. A banda anterior de Ludella Black, The Delmonas, realizara a mesma función para os anteriores grupos de Childish, comezando con The Milkshakes. As súa cancións estaban principalmente compostas por Billy Childish e eran temas que non encaixaban cos seus propios concertos. Despois de que Holly Golightly fixese un cameo con Thee Headcoats, Childish engadíuna á formación de The Delmonas, e pouco despois a banda pasou a chamarse Thee Headcoatees.

Como banda de apoio, Thee Headcoatees inicialmente só tocaría un feixe de cancións para quentar ao público para Thee Headcoats. O seu tema "Headcoat Girl", aparecido no recompilatorio The Sisters of Suave, incuso indica "I wanna be a headcoat girl" (quero ser unha rapaza headcoat). En 1991 a banda lanzou o seu primeiro álbum, Girlsville, a través do selo Hangman Records. Estaba formado por cancións escritas por Billy Childish e versións de temas de The Kinks ("Last Plane Home"), The Beatles ("Run For Your Life"), The Tamrons ("Wild Man") e máis. En 1998 Debbie Green marchou da banda, quedando reducida a un trío para o seu derradeiro álbum, Here Comes Cessation. Thee Headcoatees continuaron xirando con Thee Headcoats ata a súa disolución en 1999.

Despois da ruptura Holly Golightly continuou a súa carreira en solitario, gravando máis de dez álbums. Tamén traballou coas bandas The Greenhornes e The White Stripes, e en 2006 formou o grupo Holly Golightly & The Brokeoffs. Kyra e Debbie pasaron a cantar en The A Lines (con Delia de Mambo Taxi e Julie Hamper de Billy Childish's Musicians of the British Empire); Debbie e Delia tocan no presente en Ye Nuns. Kyra e Ludella apareceron despois en The Shall I Say Quois xunto a Julie Hamper, mentres que Debbie tamén pasou a tocar con Dutronc, Baby Birkin e The Speed ​​of Sound; tamén tocou a batería e cantou con Would-Be-Goods, e gravou en The Buffets, xunto a Hamper.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo Girlsville 1991 Hangman Records Have Love Will Travel 1992 Vinyl Japan Ballad of the Insolent Pup 1994 Vinyl Japan Bozstik Haze 1997 Vinyl Japan Punk Girls 1997 Sympathy for the Record Industry Here Comes Cessation 1999 Vinyl Japan

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas MySpace da banda

Categoría:Grupos musicais do condado de Kent Categoría:Grupos musicais de garage rock revival Categoría:Grupos musicais de garage punk Categoría:Grupos musicais formados en 1991 Categoría:Bandas de mulleres