Benito de l'Auxa, nado na parroquia de Candás, en Carreño, en 1742 e finado en 1814, foi un poeta e crego asturiano que exerceu en Valliniello, en Madrid (no Hospital Xeral), en Candás e en Bañugues. Dous anos máis vello ca Xovellanos, Auxa coincidiu con este na Universidade de Alcalá, entre 1764 e 1765, e é daquela cando lle dedica o seu poema en oitavas reais: Sueños de Nabucodonosor.
Obras Sueños de Nabucodonosor Píramo Tisbe
Véxase tamén
Ligazóns externas Selmana de les Lletres: Cuatro cosines de...
Categoría:Nados en 1742 Categoría:Nados en Carreño Categoría:Finados en 1814 Categoría:Escritores de Asturias Categoría:Escritores en lingua asturiana