Ergoiena é un concello de Navarra, na comarca de Sakana, dentro do meiriñado de Pamplona. Abrangue as vilas de Lizarraga, Dorrao e Unanu.

Toponimia O nome Ergoiena significa en éuscaro a terra máis alta. Está formado por (h)err(i) (terra, país ou vila), goien (o máis alto) e -a (artigo). Ergoiena forma unha especia de desvío do val de Sakana. Está situado a máis altitude que o resto das vilas veciñas da comarca, que ocupan o fondo do val. Lizarraga atópase a 589 m de altura, fronte aos 508 m de Etxarri Aranatz ou os 515 m de Bakaiku. É por iso que se cre que deriva o nome de Ergoiena. O mesmo topónimo aparece noutros lugares do País Vasco e Navarra referíndose sempre a barrios ou lugares altos.

Demografía No ano 2023 contaba cunha poboación de 380 habitantes.

Notas

Categoría:Concellos de Navarra