Xavier Sierra i Valentí, nado en Xirona o 1 de decembro 1952 e finado en Terrasa o 3 de xaneiro de 2024, foi un dermatólogo, ensaísta, poeta e tradutor catalán.

Traxectoria Foi licenciado en Medicina pola Universidade Autónoma de Barcelona, Doutor en Medicina pola Universidade Complutense de Madrid e licenciado en Humanidades pola Universitat Oberta de Catalunya. Médico Especialista en Dermatoloxía, Institut Català de la Salut, traballou en Terrasa e Barcelona.

Publicou artigos en revistas da súa especialidade como Gimbernat: Revista d’Història de la Medicina i de les Ciències de la Salut. Tamén colaborou no Diari de Terrasa.

Desde 2015 publicou no blog “Un dermatólogo en el museo”, a finais do 2022 levaba publicados máis de 1.800 artigos.

En xaneiro de 2023 presentouse o ducumental Dr. Xavier Sierra, un dermatólogo en el museo,dirixido por Antoni Verdaguer, forma parte da serie Terrasenques/Terrassencs.

Xavier Sierra e Galicia O seu pai era galego, do Vicedo, e el dominaba e usaba o galego. Traduciu poemas galegos ao catalán e na súa consulta indicaba que atendía en catalán e galego.

Foi parella de Mercedes Cerdeira Caramés, dermatóloga en Vigo. É curmán do historiador e político Xosé Carlos Sierra.

Traduciu ao catalán Nimbos de Díaz Castro.

Obras

Medicina

Historia de la dermatología (1995). MRA Creación y Realización Editorial. 352 páxs. ISBN 978-84-88865-03-8. Micosis cutáneas (1996). Latros Edicions. 20 páxs. ISBN 978-84-921430-6-1. Historia de las enfermedades cutáneas producidas por hongos (1997). MRA Creación y Realización Editorial. 128 páxs. ISBN 978-84-88865-27-4. 100 años de dermatología (2001). Grupo Aula Médica. 296 páxs. ISBN 978-84-7885-257-4. Historia de la Academia Española de Dermatología y Venereología (2009). Loki & Dimas, S. L. Unipersonal. 160 páxs. ISBN 978-84-613-2981-6.

Humanidades

Poesía a flor de piel I (1998). Mra. Barcelona Poesía a flor de piel II (1999). Mra. Barcelona. Lírica galaicoportuguesa medieval (2013). ARC. Barcelona. Poesies confinades (2020)

Premios e honras

Membro de Honor do l’Institut Mèdic Valencià Fundador da European Society for the History of Dermatology and Venereology (Vicepresidente 1999-2003) Secretario (2003-2007). Premio Roel do Instituto Médico Valenciano (2001) Premio á Excelencia Profesional do Collegi de Metges de Barcelona. En 2019 ingresou na Real Academia de Medicina de Cataluña. Presidente do Patronato do Museu d'Història da Medicina de Cataluña.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Documental 2022 11 28 Xavier Sierra, un dermatòleg al museu

Categoría:Nados en Xirona Categoría:Nados en 1952 Categoría:Finados en 2024 Categoría:Médicos de Cataluña Categoría:Dermatoloxía Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua catalá Categoría:Tradutores ao catalán