O Parque Gulliver é un parque da cidade de Valencia (España). Atópase no Xardín do Turia entre as pontes Àngel Custodi e Regne de València. A principal atracción é unha escultura monumental de Gulliver de 70 metros á que se pode acceder a través de ramplas, tobogáns e escaleiras, entre outros. Representa o momento en que Gulliver, acabado de chegar ao país de Lilliput, foi atado polos liliputienses. A figura está realizada de maneira que os visitantes semellan os habitantes de Lilliput cando paseaban sobre o corpo do personaxe creado por Jonathan Swift. Foi encargado en 1990 ao arquitecto Rafael Rivera e ao artista falleiro Manolo Martín cun deseño de Sento, como parte do convenio Un riu de xiquets entre o Concello de Valencia, que achegou o solo, e a Conselleria de Industria Comercio e Turismo, que achegou o financiamento. Tivo un custo de 220 millóns de pesetas.
O Parque atópase preto do Parotet, da Escola Universitària de Magisteri Ausiàs March e dos edificios da Ciutat de les Arts i les Ciències. Accédese a través da Ponte Àngel Custodi e a entrada é de balde.
Tras unha fase de reforma e rehabilitación reabriu as súas portas o 6 de novembro de 2022.
Notas
Categoría:Parques Categoría:Valencia