Polifemo (por veces chamado EufemoGrimal. s. v. Laónome.), fillo de Élato e Hipe (ou Hipea), foi un lápita (pobo que habitaba os montes da Tesalia grega) que participou na loita contra os centauros e na expedición dos argonautas. Hixino descríbeo así: "Polifemo, tesalio da cidade de Larisa, fillo de Élato e de Hipea, filla de Antipo, tardo de pés"Hixino: Fábulas 14..

O seu pai divino foi o deus PoseidónPai tamén doutro Polifemo, o afamado ciclope que cegou Odiseo no seu regreso de Troia., aínda que quedou como fillo do humano Élato e irmán de CeneoCeneo naceu muller e foi violada por Poseidón. Para non verse nunca máis nese transo pediu ó deus que a transformase en home, e Poseidón así o fixo..

Casou con Laónome, que está considerada como filla de Anfitrión e Alcmena e, por tanto, unha irmá de HeraclesEscolio sobre Apolonio de Rodas, Argonáuticas I,1241..

Cando Polifemo era aínda novo foi un dos invitados á voda de Pirítoo e loitou contra os centauros cando estes intentaron violar á noiva, Hipodamía. O vello Néstor, conselleiro de Agamenón durante a Guerra de Troia e que gustaba contar as súas batallitas de cando era aínda mozo, lembra así esta xeración de heroes cando recrimina a actitude de Agamenón e de Aquiles:

Posteriormente, Polifemo foi un dos heroes que participou na expedición dos argonautas baixo as ordes de Xasón, xunto a moitos outros, entre outros o mesmo HeraclesAquí, cando Pseudo-Apolodoro dá a relación dos argonautas, considera a Polifemo e a Eufemo como dous personaxes diferentes: "Os que se reuniron foron estes:... Eufemo, fillo de Posidón, ... Polifemo, fillo de Élato" (Biblioteca I, 9, 16).. Pero resulta que ó facer escala en Misia, Hilas, o preferido de Heracles, foi buscar auga e foi capturado por Dríope e outras ninfas, namoradas da súa fermosura. Polifemo, primeiro, e Heracles, despois, buscárono por canto sitio hai, sen atopar máis rastro que o cántaro caído xunto á fonte. Como fose que á mañá seguinte seguían buscando, Xasón ordenou ó Argo saír ó mar, abandonando a Heracles e Polifemo en terraGraves, px. 639; Pseudo-Apolodoro I, 9, 19; Apolonio de Rodas: Argonáuticas I, 1240 ss..

Tras este episodio, Heracles regresou ós seus traballos e Polifemo estableceuse en Pegas, e levantou a cidade de Cío, onde reinou ata a súa morte á mans dos cálibesGraves, px. 640. Os cálibes eran un pobo que habitaba na actual Armenia, a medio camiño entre o Caspio e o Mar Negro.. Enterrárono na beira do mar baixo un álamoApolonio de Rodas: Argonáuticas IV, 1470–1477.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Homes na mitoloxía grega