A bixina (/ks/) é un apocarotenoide atopado nas sementes da árbore Bixa orellana, propio de Centroamérica, México e norte de Suramérica, do cal deriva o seu nome. Extráese normalmente das sementes para formar o anato ou achiote, un colorante alimentario natural, que contén un 5% de pigmentos dos cales o 70–80% é bixina.Executive Summary Bixin , National Toxicology Program
Aplicacións miniatura|A bixina é un dos colorantes usados no petisco Cheetos. Colléitanse anualmente varias miles de toneladas deste produto principalmente para o seu uso como colorante alimentario. miniatura|center|Sementes vermellas da árbore do achiote
Este pigmento biolóxico e colorante alimentario ten tamén un papel como antioxidante e sensibilizante á insulina, axente antiinflamatorio e indutor da apoptose.PubChem Bixin
Propiedades químicas
A bixina é inestable. isomerízase a trans-bixina (β-bixina), por cambios na posición dos substituíntes no dobre enlace. miniatura|center|320px|Estrutura química da trans-bixina
A bixina é soluble en graxas e alcohois pero insoluble en auga. Ao expoñela a álcalis, o metil éster é hidrolizado para producir o ácido dicarboxílico norbixina, un derivado hidrosoluble. miniatura|center|300px|Estrutura química da norbixina
Notas
Categoría:Apocarotenoides Categoría:Aditivos alimentarios