Kingston é unha cidade da provincia canadense de Ontario situada no extremo nordeste do lago Ontario. Segundo o censo de poboación de 2021, tiña unha poboación de 132 485 habitantes nunha área de 451,58 km² e unha densidade de poboación de 293,4 hab./km².

Xeografía Atópase no nacemento do río San Lourenzo e na desembocadura do río Cataraqui, na parte sur e final da canle Rideau. Kingston está a medio camiño entre Toronto e Montreal e moi preto das illas Thousand. Kingston tamén recibe o alcume de "cidade calcaria" por mor da cantidade de edificios relevantes que posúe construídos con pedra calcaria da zona.

Historia A crecente exploración europea no século XVII e o desexo dos europeos de estabelecerse de forma permanente preto dos nativos da zona para controlar o comercio, levaron á fundación dun posto comercial francés e a construción dun forte militar nun lugar coñecido como "Cataraqui" en 1673. O posto avanzado, chamado inicialmente Forte Cataraqui, e máis tarde Forte Frontenac, converteuse nun importante asentamento. Trala conquista de 1760, a zona pasou ao control británico. Cataraqui pasou a chamarse Kingston despois de que os británicos tomaron posesión do forte e, na década de 1780, os lealistas comezaron a asentarse na rexión.

Kingston foi a primeira capital da Provincia Unida do Canadá o 10 de febreiro de 1841.Osborne 2011, p. 81 Porén, o seu tempo como capital rematou en 1844, aínda que seguiu mantendo instalacións militares importantes. A cidade é un referente rexional a nivel educativo e de saúde, acollendo dúas universidades e tres hospitais.

Kingston tamén foi a capital do condado de Frontenac até 1998, ano no que pasou a ser unha municipalidade propia allea ao condado. Kingston e a súa área metropolitana son a décima aglomeración urbana da provincia de Ontario.

Clima

Notas

Referencias

Véxase tamén

Bibliografía

Adams, Nick. Iroquois Settlement at Fort Frontenac in the Seventeenth and Early Eighteenth Centuries Ontario Archaeology, No. 46: 4–20. 1986. Armstrong, Alvin. Buckskin to Broadloom – Kingston Grows Up. Kingston Whig-Standard, 1973. No ISBN. Mika, Nick and Helma et al. Kingston, Historic City. Belleville: Mika Publishing Co., 1987. . Mika, Nick and Helma. Kingston Heritage, Buildings, Monuments, Plaques Belleville: Mika Publishing Co., 1983, 160 páxinas. Osborne, Brian S. and Donald Swainson. Kingston, Building on the Past for the Future. Quarry Heritage Books, 2011. Roy, James. Kingston: The King's Town. Toronto: McClelland and Stewart, 1952. Turner, Larry. "The Founding of Kingston, Ontario". The Loyalist Gazette, Volume XXII, No. 1. Consultado o 14 de xaneiro de 2015. Preston, Richard. Kingston Before the War of 1812: A Collection of Documents. Toronto: Champlain Society Publications, 1959.

Categoría:Cidades do Canadá Categoría:Ontario